Skip to Content

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024/25

Desde o 1 ata o 20 de marzo, ambos incluídos, estará aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión no noso centro para o curso 2024/25.

Que documentación hai que presentar?

  • Modelo de solicitude debidamente cuberto (ED550B).
  • Copia do libro de familia ou documentación acreditativa do requisito de idade do alumno/a (DNI, partida de nacemento, padrón municipal…).
  • No caso de optar a un curso de primaria, deberase achegar a certificación de matrícula do centro de procedencia (certificado oficial do expediente académico).
  • En caso de separación xudicial ou divorcio, presentarase unha copia do convenio regulador ou da resolución xudicial.

Como se pode presentar a solicitude?

  • Na secretaría do propio centro no seguinte horario:
    • De luns a venres de 09:00 a 09:50 horas.
    • Xoves de 10:40 a 11:30 e de 13:10 a 13:50.

No caso de optar pola presentación na secretaría do centro pódese obter o modelo de solicitude dos seguintes xeitos.

 

Criterio complementario do centro en caso de baremación aprobado en Consello Escolar.

Poñer como primeira petición un centro público.

 

VACANTES PARA O CURSO 2024/25

CURSO

VACANTES TOTAIS DISPOÑIBLES

4º DE INFANTIL

40*

5º DE INFANTIL

10

6º DE INFANTIL

0

1º DE PRIMARIA

0

2º DE PRIMARIA

0

3º DE PRIMARIA

0

4º DE PRIMARIA

0

5º DE PRIMARIA

0

6º DE PRIMARIA

0

  * 6 destas prazas están disposición da comisión de escolarización para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (art. 3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15).

 

 Resumo do calendario do proceso de matrícula.

Do 1 ó 20 de marzo de 2024 Presentación de solicitudes
Do 22 de marzo ó 8 de abril Presentación da documentación acreditativa en caso de ser necesaria a baremación.
O 25 de abril Publicación no centro  da listaxe provisional de admitidos/as e non admitidos/as
5 días hábiles posteriores á publicación de admitidos/as. Reclamacións perante ao Consello Escolar contra a listaxe provisional de admitidos e admitidas.
Antes do 15 de maio

Publicación no centro das listaxes definitivas de admitido/as e non admitidos/as

Do 20 ao 30 de xuño Formalización da matrícula
 
 
 


blog | by Dr. Radut