Skip to Content

DÍA DA PAZ 2022

O luns celebramos en Visma o “Día da paz”.

Desta volta e mesturando o noso proxecto dos Xogos Olímpicos cunha data tan importante no calendario, sumámonos a actividade da ONG Save the  Children, “Quilómetros de solidariedade”.

Desde os pequenos e as pequenas de tres anos ata os maiores de sexto, calzáronse as súa zapatillas de deporte para converter os quilómetros percorridos en doazóns para a ONG.

Que mellor forma de seguir avanzando no noso ano olímpico que a través da solidariedade e da paz.

Preme na imaxe para ver como desfrutamos deste día.

 



blog | by Dr. Radut