Skip to Content

TEMPO DE SAMAÍN

 

Chegou o Samaín e, a pesares de que este ano temos que facer as cousas dun xeito diferente, non imos deixar pasar a ocasión sen aprender e facer actividades arrepiantes!

 

Na páxina de Aulas Galegas, atoparemos unha versión adaptada con pictogramas do conto "Corre, Corre cabaciña", ademais de actividades relacionadas.

https://aulasgalegas.org/?s=sama%C3%ADn 

 

Tamén podemos ver esta historia, máis orientada ao alumnado de Primaria, sobre o Samaín e a súa orixe, na páxina da TVG.

 

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-noite-do-sama-n-4071648?t=91

 

Por último, deixámosvos, como arquivo adxunto, unha escolma de actividades en PDF, realizada por varios centros da provincia, vinculados entre si polo Seminario Galán.

 

Dende o EDLG, esperamos que pasedes unha noite de Samaín ben divertida pero sempre, CON SENTIDIÑO!

AdxuntoTamaño
samain-2020-2021 PDF.pdf2.94 MB


blog | by Dr. Radut