O vindeiro venres 25 de outubro, a colaboración entre ANPA e colexio fará posible un ano máis a carreira solidaria contra a leucemia infantil no CEIP Sal Lence. É unha actividade englobada no programa "SOMOS UN COLE ENTRE CIEN MIL" que corre contra a leucemia infantil.
Ao longo desa semana os vosos fillos/as levarán para casa a circular informativa que con un pouco de maña se convertirá no sobre onde poderedes enviar a vosa donación voluntaria.
Non hai un importe fixo, e por suposto reiteramos que ten carácter voluntario.
Como orientación deberedes saber que toda donación suma minutos de investigación contra a leucemia infantil:
2 € equivalen a 8 minutos de investigación
5 € equivalen a 20 minutos de investigación...
Animádevos a participar e enviar o voso donativo dentro do sobre que se entregará e que persoal da ANPA recollerá en cada unha das portas de entrada ao cole o venres 25 de outubro, día da carreira.
Seguro que entre todos podemos axudar a vencer a leucemia infantil!
#VueltaAlColeUnoentrecienmil