Skip to Content
Unha escola para convivir, ser, estar e aprender.

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Invitados pola área de Medio Ambiente do Concello de A Coruña, os alum@s de terceiro realizamos unha saída á Casa da Auga para realizar actividades relacionadas co medio ambiente.

 

AS FOTOS DO NOSO ENTROIDO

Día da Paz 2014

Un ano máis dedicamos esta data, 31 de xaneiro, a recordar a figura de Gandhi e todas aquelas outras que trataron de lograr as súas reivindicacións por medios non violentos.

Nesta ocasión, o alumnado dos cursos superiores fixo de monitor e animador da actividade dos compañeiros de menos idade, nunha actividade lúdica, onde a música, a palabra, a pomba e o arco da vella representado nuns paracaídas axudaron a manter viva a esperanza.

Neste vídeo tedes un resumo do acontecido.

Fotos


sentímolo, flash non está dispoñible.

NADAL

 

Premendo sobre a foto poderás ver máis fotos.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2012/13

RESULTADOS RELEVANTES CON RESPECTO Á MEDIA DE GALICIA E AOS CENTROS DO MESMO GRUPO ISEC

Foron avaliadas as seguintes competencias:

  1. Competencia en comunicación lingüística.
  2. Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.
  3. Competencia matemática.

Os centros agrupáronse en catro niveis: alto, medio alto, medio baixo e baixo (a partir de variables relativas ao nivel de estudos, á situación laboral e profesional das familias e aos recursos culturais e materiais do fogar. O noso centro pertence ao nivel (grupo ISEC) medio alto.

Pódese consultar o informe de resultados premendo no ficheiro adxunto.

Nova vida na fachada do colexio

Un vínculo entre o centro e o seu barrio

A fachada do noso centro adoecía polo seu deseño e aparencia duns mínimos sinais de identidade, sinais que indicasen que está incluído no seu barrio e que non fosen máis aló das bandeiras oficiais e dunha pequena placa de identificación. Por outra banda, esta fachada, a pesar de ser pintada en varias ocasións, non tardaba en recibir as típicas batidas das pintadas e graffitis empeorando a situación.

Postos en contacto con diversos axentes de diferentes ámbitos (concello, protección civil, etc.) soubemos da existencia dun equipo de grafiteiros oficiais ao servizo do concello que desenvolven por encargo obras pictóricas de calidade a custes asequibles e co valor engadido de que os seus traballos reciben o respecto de todas e todos, e que permanecen no tempo.

Feitas as consultas, solicitamos a Chema Fernández un deseño que fose acorde co espíritu dun colexio vivo, en sintonía cos tempos e co barrio. Deseño que recibimos axiña, que recibiu a aprobación unánime desta dirección, do consello escolar, do claustro e da ANPA deste centro. O resultado salta á vista, e nunca mellor dito.

Queda aquí unha escolma gráfica do seu traballo digno de admiración e que lle recoñecemos con afecto.

Foto 1. O comezo da pintura co artista en plena acción.  Foto 2. O traballo vai tomando forma. Foto 3. Vista de conxunto do boceto. Foto 4. Detalle dun alumno estudiando. Foto 5. Detalle doutro alumno. Foto 6. Detalle do espazo de comedor. Foto 7. Detalle dunha alumna facendo deporte e vista xeral do corpo central. e na parte posterior:

Foto 8. Agora che chega a quenda a parte posterior do centro. Cunha rapaza animándonos a pintar. Foto 9. O noso artista chema en plena acción supervisado por 2 fillos de antigos alumnos. Foto 10. Detalle final da parte de atrás con raparigos compoñendo parte do nome do colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut