Friday, 19th JUne
Poño as respostas ás últimas actividades deste curso... e para vós, da primaria.
Moitas grazas ás familias polo voso apoio e a vosa colaboración.
MOITÍSIMA SORTE NA VOSA NOVA ETAPA! FELIZ VERÁN!
See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Wednesday, 16th June
Hello, everyone!
Adxunto ás solucións aos pasatempos. Hoxe deixo outros por se vos animades a repasar o PAST SIMPLE.
See you!
Bego
Monday, 15th June
Hi, girls and boys!
Déixovos as respostas ás actividades do venres pasado. Hoxe adxunto unhas adiviñas sobre JOBS e un encrucillado sobre APPEARANCE.
Friday, 12th June
Good morning, everyone!
Adxunto arquivo coas respostas aos exercicios da última sesión. Hoxe suxiro facer o PICTURE DICTIONARY e o LET'S CHECK (co audio correspondente).
See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Wednesday, 10th June
Hi, girls and boys!
Déixovos as respostas ás actividades do diálogo. Para hoxe, recomendo un repaso cos exercicios do portfolio (AUDIO incluído) e do Skills Book.
See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Monday, 8th June
Good morning, everyone! How was your weekend? I hope it was great.
Douvos as respostas ás actividades sobre Global warming, e hoxe suxiro practicar a pronunciación co diálogo da unidade, para iso adxunto un arquivo con exercicios e o audio correspondente.
See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Friday, 5th June
Hello, boys and girls!
Adxunto ás respostas aos exercicios da última sesión. Hoxe suxírovos unha lectura (audio incluído) e unhas actividades sobre ela.
See you! Have a great weekend!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Wednesday, 3rd June
Hi, everyone!
Déixovos un arquivo coas respostas aos exercicios do último día. Hoxe seguimos traballando o mesmo texto, para iso adxunto un ficheiro con actividades e o audio correspondente.
See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Monday, 1st June
Good morning, everybody! I wish you all are feeling good.
Hoxe douvos as respostas ás actividades do venres, e propoño que fagades unha lectura e uns exercicios sobre ela. Adxunto arquivos e audios.
See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Friday, 29th May
Hi, boys and girls! Are you OK? I hope so.
Adxunto as respostas ás actividades do día anterior. Hoxe seguiremos practicando como expresar plans de futuro con going to. Para iso déixovos un arquivo e os AUDIOS correspondentes.
Have a wonderful weekend! See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Wednesday, 27th May
Good morning, everyone!
Adxunto as respostas ás actividades do último día. Hoxe propóñovos repasar o contido do conto cos exercicios do ACTIVITY BOOK.
See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Monday, 25th May
Hi, girls and boys! I hope you are OK
A proposta de hoxe é escoitar, ler e ver o conto da UNIT 6 "ADVENTURE ISLAND". Para iso póñovos o enlace do vídeo, e adxunto o texto cunhas actividades e tamén o audio.
ADVENTURE ISLAND (VIDEO):https://www.youtube.com/watch?v=5I_F90qPCGs
See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Friday, 22nd May
Good morning, everybody!
Adxunto as respostas aos exercicios do mércores pasado. Hoxe a proposta é redactar un texto sobre vós, indícovos as instrucións nun arquivo.
See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Wednesday, 20th May
Hello again! Are you feeling good?
Adxunto as respostas ás actividades propostas o último día. Hoxe suxírovos empezar a estudar como expresar o futuro con GOING TO, para iso adxunto un arquivo con explicacións e exercicios. O venres darei as solucións.
See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Monday, 18th May
Good morning, everyone! How was your weekend? Good? I hope so
Adxunto as oracións traducidas para que poidades revisar a vosas. Hoxe propóñevos empezar ca UNIT 6, aprendendo o vocabulario, non é difícil e ídelo entender sen problema, é moi importante escoitar e repetir para pronunciar correctamente. Déixovos os arquivos e os audios. Moito ánimo!
See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Friday, 15th May
Hello, boys and girls! How are you today? It's Friday!
AAdxunto as respostas aos exercicios do SKILLS BOOK para que os poidades corrixir. Hoxe suxírovos traducir unhas oracións para repasar, mándovos un ficheiro.
See you! Cheer up!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Wednesday, 13th May
Good morning, everyone! I hope you're happy!
Adxunto as correccións das actividades propostas na sesión anterior. Hoxe suxiro que repasedes cos exercicios do SKILLS BOOK.
Cheer up!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Monday, 11th May.
Hello, girls & boys! Are you ready for the new week? I hope you are fine
Adxunto as respostas ás actividades do venres pasado. Hoxe seguiremos repasando e para iso poño dous ficheiros e un audio.
See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Friday, 8th May
Good morning!
Adxunto o ficheiro coas respostas ás actividades do último día. Hoxe suxírovos realizar os exercicios de FAST FINISHERS do ACTIVITY BOOK.
See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Wednesday, 6th May
Hi, girls and boys!
Adxunto o arquivo das respostas da tarefa de onte. Hoxe mando como proposta os exercicios do portfolio do ACTIVITY BOOK co audio correspondente.
Do your best! Stay positive!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Tuesday, 5th May
Hello, everyone! How are you today? I hope you are very happy.
Mándovos nun ficheiro as respostas ás actividades da semana pasada. A suxerencia de hoxe é traballar a pronunciación co diálogo da Unit 5 do CLASS BOOK. Adxunto un arquivo coas tarefas propostas.
Every sunrise you have a new chance! Cheer up!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Thursday, 30th April
Good morning, everybody!
Para os que se animaron a facer a tradución, adxunto un arquivo para que a corrixades. Seguindo con este tema, mando un ficheiro con actividades e o audio correspondente para que traballedes estes días.
Have a great weekend! Cheer up!
Bego teacherbegobm@gmailcom
Wednesday, 29th April.
Hi, children! I hope you are fine.
Para que revisedes as actividades propostas na sesión anterior, adxunto un ficheiro coas respostas.
A suxerencia de hoxe é un texto sobre o ciclo da auga (Class Book), para iso mando un arquivo e un audio sobre isto.
Never stop doing your best! Cheer up! See you soon!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Monday, 27th April
Good morning, everyone! I wish you are happy
Adxunto as respostas aos exercicios propostos a sesión anterior para que corrixades. Ademáis, para seguir repasando, mando un ficheiro con actividades e un audio (necesario para realizar dúas delas).
New Monday, new week, new goals! Cheer up! See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Friday, 24th April
Hello, children! How are you today? I hope you are feeling good
Envío o ficheiro coas correccións dos exercicios do día anterior. Hoxe vouvos propoñer aprender a falar das tarefas da casa en presente e pasado, para iso envío un arquivo con explicacións, textos do Class Book, audios e actividades.
Be proud of yourself! Mistakes help you learn and grow! Have a great weekend! See you soon!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Thursday, 23rd April
Good morning, pupils! I hope you are fine
Como sabedes xa, celebramos hoxe o Día do Libro. No Reino Unido non coincide a data, eles fano o primeiro xoves de marzo, pero se vos apetece ler e escoitar algún conto en inglés, ou ben accededes á primeira páxina de Lingua Inglesa (Story Time); ou ben marcades este enlace no que tedes moitos libros gratuitamente (en BROWSE BY AGE veñen por idades, pero elexide calquera e buscades os que máis vos apetezan) Non pasa nada se non entendedes todo o vocabulario, o importante é comprender o sentido xeral da historia e recoñecer expresións e vocabulario que xa estudiastes:
https://www.freechildrenstories.com/
Enjoy your reading! See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Wednesday, 21st April
Good morning, children! How are you today? Are you happy? I hope so. Stay positive!
Envío as solucións ás actividades do Activity Book sobre o conto, para que poidades corrixir. Hoxe imos seguir traballando con verbos en pasado, así que mando unha páxina con exercicios, e os audios (11 e 12) correspondentes para que tamén practiquedes a pronunciación.
Lembrade que os adxuntos aparecen ao final de todo deste apartado de ENGLISH, e vou eliminando os que xa se supón están corrixidos, para non acumular moitos.
Believe in yourself! Do your best! Cheer up! See you soon!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Monday, 20th April
Hello, everyone! I hope you are happy today.
Por se algún de vós se animou a buscar os verbos en pasado do conto, envío un ficheiro coas solucións. Por outra banda, se queredes traballar a comprensión de Nasreddin and the pot, adxunto un ficheiro cos exercicios do Activity Book, para os que non o teñades na casa.
Monday, new start, new begining, new perspective, make today count! Cheer up! See you!
Bego teacherbegobm@gmail.com
Friday, 17th April
Good morning, everybody! How are you today? I hope you are fine.
Se fixestes as actividades do Skills Book, mando as respostas nun arquivo. Hoxe póñovos un enlace do conto Nasreddin and the pot para que o poidades ver en vídeo. Mirádeo con atención as veces necesarias para facilitar a comprensión. A maioría dos verbos que se usan aquí están en pasado, se vos animades, anotade todos os que aparecen. Para a semana douvos a lista de todos eles.
https://www.youtube.com/watch?v=OlNiwqaojt4
Como o período de días sen clases estase prolongando máis do previsto, creei unha conta de correo electrónico por se algún de vós quere comunicarse comigo: teacherbegobm@gmail.com
Think positive! The best day, every day! Cheer up! See you!
Bego
Wednesday, 15th April
Welcome back, everyone! I hope you are happy.
Se algún de vós se animou a facer as actividades de Easter, adxunto un ficheiro coas respostas (EASTER ANSWERS). E para ir afianzando o uso dos verbos irregulares en pasado, podedes facer as dúas primeiras páxinas do Skills Book (Unit 5). Mándoas nun arquivo para os que non tedes o libro na casa. Proximamente poñerei as solucións. Lembrade tamén que na páxina de Lingua Inglesa (Unit 5) hai exercicios e vídeos para reforzar este aspecto.
Lembro que os arquivos que vos envío non son para imprimir, sería un gasto innecesario de tinta e papel. Simplemente anotade as respostas nunha folla e se vos atopades demasiado ocupados, pensades e reflexionades sobre as solucións.
And remember this: you are braver than you believe, you are stronger than you seem and you are smarter than you think. Cheer up!
See you soon!
Bego
Friday, 3rd April
Hello everyone!
Para comenzar, se xa escoitastes a canción e vos animastes a traducila, mando a corrección disto nun adxunto (translation song).
Como xa sabedes, celébrase Easter na semana que ven, así que envío nun ficheiro (EASTER) os textos, actividades e audios (audios 5 e 6) do Class Book e Activity Book para que aprendades máis cousas de como se festexan estas datas en Gran Bretaña. Á volta das vacacións adxuntarei as solucións aos exercicios. A outra opción é que visitedes na páxina web de Lingua Inglesa o apartado adicado a Easter en FESTIVALS & CELEBRATIONS.
Stay positive! Better days are coming!
See you soon!
Bego
Wednesday, 1st April
Good morning, pupils! I hope you are fine.
A partir de agora consultade esta mesma páxina os días que teñades English no horario (ademáis de visitar a de Lingua Inglesa cando o necesitedes e vos apeteza), porque irei engadindo propostas (indicarei a data ao principio) neste mesmo sitio.
Mándovos o ficheiro coas respostas (1answers unit 5) dos exercicios do día anterior, así podedes corrixilos en caso de que xa as completarades.
Por outra banda, envío o texto (song unit 5) e o audio (7 audio track) da canción da unit 10, para que a escoitedes, practiquedes a pronunciación, e a traduzades.
Hoxe celébrase April Fools' Day, na páxina web de Lingua Inglesa tedes información sobre esta data e no apartado FESTIVALS AND CELEBRATIONS podedes acceder a vídeos e actividades en liña.
See you soon! Cheer up!
Bego