Avaliación do alumnado e información ás familias
Informamos que, seguindo as indicacións da Consellería, as cualificacións da terceira avaliación e da avaliación final do alumnado, serán enviadas a través da aplicación ABALAR.
Aquelas familias que desexen un boletín impreso das cualificacións do seus fillos/as deberán solicitalo na administración do centro por escrito. Estes boletíns entregaranse en man á familia solicitante.
O Historial Académico do alumnado de 6º de E.P. deberá recollerse o día 27 de xuño de 10:00 h a 12:00h por persoa autorizada.