Na data do 8 de abril fixo 40 anos do falecemento do xenial PABLO PICASSO.
NÓS, O 1º CICLO DE PRIMARIA QUIXEMOS HOMENAXEAR AO ARTISTA CUNHA LEMBRANZA DA SÚA PERSOA E DA SÚA OBRA .
DISFRUTAMOS DALGUNHAS PINTURAS DA SÚA ÉPOCA CUBISTA , E TAMÉN INTENTAMOS PLASMAR EN IMAXES, FIGURAS E CORES AS NOSAS IMPRESIÓNS... ASÍ FIXEMOS UN AUTORRETRATO MOI PICASSIANO!
NA CLASE TRABALLAMOS VARIOS CONTOS RELACIONADOS COAS CASTAÑAS, A PROTAGONISTA DESTA FESTA.
ESTES DOUS FORON OS QUE ESCOLLEMOS PARA DEBUXAR.
Durante varias clases de plástica tuneamos unhas castañas, que acabaron transformadas nuns animaliños moi divertidos. ¡Nesta presentación podedes ver unha mostra! Ademais podedes ver como festexamos o magosto no cole: fixemos lume, asamos castañas, tomamos refrescos, xogamos ao peón, á ra, á culler e a castaña, ao brile, aos aros,...
Cantar é unha actividade xeralmente gratificante. Os alumnos do 1º ciclo, no pasado Entroido, seguindo o proxecto " A durmir con Efrén", cantaron unhas copliñas . Para eles foi moi gratificante. Para o público asistente non sabemos. Se queres formarte unha opinion propia, atreve a picar aqui.