Este curso, o tema do noso Proxecto Documental é a Pintura. Nós titulámolo Escola de pintores.
Na primeira tarefa, pedímoslle aos nenos e nenas que se debuxasen tal e como eles se ven a si mesmos, co fin de
- Propiciar a construción da propia imaxe
- Estimular sentimentos de aceptación e autoestima
- Promover as múltiples representacións da subxectividade