RESERVA PRAZA PARA 1º DA ESO - CURSO 2024/2025
O prazo de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024
Iníciase a fase de reserva de praza nos centros de adscrición, no noso caso o alumnado de 6º de Educación Primaria ten preferencia na reserva de praza para 1º da ESO no IES Enrique Muruais (A Pontenova).
Para facer efectiva a reserva de praza deberase presentar unha solicitude de forma presencial ou telemática.
- SOLICITUDE TELEMÁTICA a través da Sede Electrónica, accedendo a admisionalumnado utilizando como usuario a Chave 365 ou o Certificado Dixital.
- SOLICITUDE PRESENCIAL presentando o ANEXO I cuberto na Secretaría do centro.
INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR O ANEXO I
-A 3ª folla do ANEXO I debe ir asinada preferentemente polos dous proxenitores. No caso de proxenitores separados ou divorciados debe ir asinada polos dous.
- Na 4ª folla do ANEXO I "Comprobación de datos da unidade de convivencia" deberán cubrirse nome e apelidos, NIF e relación de parentesco co alumno/a (pai, nai e irmáns). Se os fillos son menores de idade autorizará o pai ou a nai coa súa sinatura.