PROXECTO SOCIO-EDUCATIVO MUSICAL PARA RIOTORTO CURSO 2021-2022
Estimadas familias!
Dende o Concello de Riotorto, informoúsenos da posibilidade de facer un proxecto socio-educativo musical cos nenos e nenas do centro e do entorno.
Este proxecto levaríase a cabo a través da Fundación Xesús Bal y Gay e preferiblemente está dirixido a zonas rurais.
Ofértase un programa de extraescolares de orquesta en distintos centros para fomentar a educación musical completa e integradora.
O acceso ao programa e libre e gratuito contando con distintos profesionais entre os que se atopan mestres de instrumentos, mestre de canto, un mestre da área psicosocial e un coordinador.
Todas as persoas acudirán 3 veces semanais, unha clase de 45 minutos a 1 hora de instrumento limitado a 6 alumnos máximo, unha hora e media de linguaxe musical á semana, 1 o 2 horas a semana de Orquesta.
Para poder levar a cabo é preciso contar con 15 nenos e nenas da zona, ANOTÁDEVOS para traer o ensino musical a zona, é fundamental o voso apoio enviando aos nenos e as nenas a esta bonita formación.