Skip to Content

INSTRUCCIÓNS TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2020-2021

 

Ábrese o prazo para solicitar a modificación de itinerario e a creación de novas paradas nas rutas actuais de transporte escolar.

Os pais, nais ou titores legais deberán informar á dirección do centro da súa vontade de solicitar ditas modificacións indicando as coordenadas de xeolocalización da nova parada ou itinerario a crear cos datos que aporta aplicación "Google Maps".

Posteriormente a dirección cursará a solicitude ante a Xefatura Territorial de Lugo.

Con carácter xeral non se autorizarán desviacións nos itinerarios de transporte escolar e/ou introdución de novas paradas en distancias inferiores a 2Km da ruta actual, nin fóra da zona de influencia do centro.

Prazo de solicitude: Ata o 15 de xullo de 2020, incluído.

Asimesmo, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes excepcionais de uso do transporte escolar.
Considéranse usuarios ilexítimos do servizo de transporte escolar os seguintes:

  • 1. Alumnado cuxo domicilio se atopa a unha distancia respecto do centro escolar inferior a 2 Km e superior a 1Km en zona urbanizada e 500m en zona non urbanizada.

  • 2. Alumnado escolarizado en centros que non lles corresponden, de acordo coas áreas de influencia fixadas en función dos seus domicilios familiares.

  • 3. Alumnado que, por causa de proximidade xeográfica, solicite a utilización de liñas de transporte correspondentes a centros distintos a aqueles nos que estea matriculado.

Este alumnado poderá solicitar uso excepcional do transporte escolar sempre que concorran as seguintes circunstancias:

  • Que existan prazas vacantes.

  • Que non comporte a modificación das rutas.Que non supoña a creación de novasparadas.

  • Que non incremente a duración do traxecto.Que non precise a incorporación de acompañante.

  • Os pais, nais ou titores legais cuxos fillos/as se atopen nalgunha das situacións anteriores, poderán solicitar ante a dirección do centro o uso excepcional do transporte escolar por parte destes.

    Prazo de solicitude: Ata o 1 de setembro de 2020, incluído.

     

 

 



page | by Dr. Radut