SEMANA DO 15 AO 19 DE XUÑO.
INGLÉS, SOCIAIS E GALEGO:
Rematamos o 3º trimestre e con el este curso. Estes últimos meses foron atípicos e o traballo para algunhos estamos seguros que resultou, por momentos, complicado.
Agora toca relaxarvos, por iso esta semana solo vos vou poñer esta páxina de xogos para repasar algo.Pincha aquí.
Sería conveniente que durante o verán nos cadernos de https://es.liveworksheets.com fixerades algunha ficha de repaso das que están sen facer.
Pincha aquí para facer o cadernillo de repaso de galego (voluntario para o verán).
Esperemos que en setembro poidamos volver con certa normalidade.
Bo verán!
LINGUA CASTELÁ:
- Autocorrección das actividades páginas 28,29,30,31,32 e 33. Cuadernillo pinchade aquí.
- Deixovos o enlace dos cuadernillos do segundo e terceiro trimeste, empezan as páxinas polo segundo que é o que fixemos e logo xa a continuación, sae o terceiro trimestre para facer como cuaderno de verán para aqueles alumnos e alumnas que sodes responsables e que entendedes que sería conveniente a 1 de setembro comezar a facer algo de repaso. Non é obrigatorio. Pinchade aquí.
- Entrades plataforma https://es.liveworksheets.com/ , acceso alumnos e facedes as fichas que vexades que non tedes feitas ou que queredes repasar. Tarefa tamén de repaso para comezar a 1 de setembro e sempre voluntaria para ir collendo hábito de traballo. Encargareime de meter algunha que outra ficha de reforzo.
- Esta semana dedicaina a repasar na libreta tódalas tarefas que fixemos e se alguén ten algunha sen facer doutras semanas, sería conveniente, polo voso ben facelas.
- Pasade un bo verán. Ánimo a todos e a todas!
SOLUCIÓNS DAS TAREFAS DO 8 AO 12 DE XUÑO.
Pincha aquí para ver as solucións de galego e de sociais.
INGLÉS:
Fichas interactivas 6,7,8,9,10,11,12 e 13 do teu caderno en https://es.liveworksheets.com.
Xogos de repaso.
Pincha aquí para repasar lugares.
Pincha aquí para repasar ordinal numbers.
Pincha aquí para repasar a familia.
SOCIAIS:
Lemos as páxinas 128 e 129.
Exercicios 1 e 3 da páxina 131.
Acabamos as fichas interactivas do teu caderno. https://es.liveworksheets.com)
GALEGO:
Para repasar o grupo nominal e os seus componentes, lemos a páxina 210 e facemos os exercicios 1,2,3,4, 5 e 6 das páxinas 210 e 211.
Para repasar a oración e o texto lemos a páxina 224 e facemos os exercicios 1 e 2 da páxina 225.
LINGUA CASTELÁ:
- Autocorrección das actividades páginas 28,29,30,319,32 e 33.Cuadernillo pinchade aquí.
- Realización das páxinas 34,35,36,37, 38 e 39 . Cuadernillo pinchade aquí. Si tedes problemas para visualizar o cuadernillo dende internet no enlace ou queredes imprimir as follas das tarefas, pinchade aquí, aínda que non ten calidade si abre o cuadernillo mellor na outra opción.
- Entrade na plataforma https://es.liveworksheets.com/ , e ide facendo as fichas que están ahí subidas.
SOLUCIÓNS DAS TAREFAS DA SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO.
Pincha aquí para ver as solucións de inglés, sociais e galego.
SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO.
MATEMÁTICAS E NATURAIS:
- Fichas interactivas do teu caderno en
https://es.liveworksheets.com.
Consulta o teu nome de usuario e contrasinal na sección de mensaxes de Agueiro.
INGLÉS:
- CB pag. 51 exercicio 1
- CB pag. 52 repasamos o exercicio 3 e fixámonos en como se fan as interrogativas en pasado: Did+subject (suxeito)+ V. infinitivo+ complementos+?
- AB pag. 62 e 63
- Fichas interactivas 4 e 5 do teu caderno en https://es.liveworksheets.com.
LINGUA GALEGA:
- Lemos e estudamos as conxuncións e interxeccións da páxina 194.
- Exercicios 3, 4, 5 e 6 da páxina 195.
- Copia o recadro da páxina 196 no teu caderno e fai o exercicio 1.
- Exercicios 4 e 5 da 197.
SOCIAIS
- Lemos as páxinas 124, 125, 126 e 127
- Exercicios 1 e 2 da páxina 125.
LINGUA CASTELÁ:
- Autocorrección das actividades páginas 22,23,24,25,26 e 27. Cuadernillo pinchade aquí.
- Realización das páxinas 28,29,30,31, 32 e 33 . Cuadernillo pinchade aquí. Si tedes problemas para visualizar o cuadernillo dende internet no enlace ou queredes imprimir as follas das tarefas, pinchade aquí, aínda que non ten calidade si abre o cuadernillo mellor na outra opción.
- Entrades plataforma https://es.liveworksheets.com/ , acceso alumnos e facemos as fichas relacionadas co verbo e o guión. Si vedes que son moitas deixade algunha para a vindeira semana pero como mínimo tedes que ter dúas relacionadas co verbo e dúas co guión. Fanse rápido. Ánimo que falta pouco para rematar o curso!
SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO.
Pinchade aquí para ver as solucións de inglés.
Pinchade aquí para ver as solucións de galego.
Solucións de matemáticas aquí.
Solucións de naturais aquí.
INGLÉS:
- AB pag. 59, 99 e 100
- Empezamos a estudar novo vocabulario. CB PAG.50.Copiamos na libreta, como facemos sempre, o vocabulario “A day out” ( de arriba a abaixo: museo, parque acuático, partido de futbol, safari, centro de ciencias, parque de atracciones, festival de música, circo). Escoitao aquí.
- Escoita aquí o exercicio 2; anota na libreta os números na orde en que os vaias escoitando.
- CB pag. 50 exercise 3.
- AB pag.61, exercises 1 e 2.( Fíxate no 2 nas terceiras persoas de singular-s,-es)
- Entra na páxina onde facemos as fichas interactivas e ide facendo algunha das fichas( as 3 primeiras) que tedes cada un nos vosos cadernos. (Están as instrucións nunha mensaxe que vos enviei por agueiro).
SOCIAIS:
- Esta semana imos continuar aprendendo cousas da historia; empezamos a Idade Moderna. Lemos as páxinas 120,121, 122 e 123.
- Pincha aquí para ver un vídeo sobre A Idade Moderna.
- Pincha aquí para ver un vídeo sobre O descubrimento de América.
LINGUA GALEGA:
- Continuamos esta semana repasando os sufixos, centrándonos nos sufixos diminutivos. Lede o recadro da páx. 193 e facemos os exercicios 1, 2, e 3
- Estudamos na páxina 194 as preposicións e copiámolas no caderno. Facemos os exercicios 1 e 2 da pax. 195.
- Facemos a ficha nº 3 do caderno de fichas interactivas.
LINGUA CASTELÁ
- Autocorrección das actividades páginas 22,23,24,25,26 e 27. Cuadernillo pinchade aquí.
- Realización das páxinas 28,29,30,31,32 e 33 . Cuadernillo pinchade aquí. Si tedes problemas para visualizar o cuadernillo dende internet no enlace ou queredes imprimir as follas das tarefas, pinchade aquí.
- Entrades plataforma https://es.liveworksheets.com/ , acceso alumnos e facemos as fichas 17,18,19 e 20. É optativo as fichas anteriores que non teñades feitas..
MATEMÁTICAS:
- Hacemos los ejercicios 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13, 14 y 15 pág 153. Con el libro o desde aquí.
NATURAIS:
- Seguimos a repasar os contidos estudados ao longo do curso. Esta semana toca a Función de Relación.
EDUCACIÓN FÍSICA:
Na páxina web do concello de Riotorto tedes algunhas rutas de sendeirismo, entre as cales está a titulada "Entre ferreiros". Podedes acceder a esta páxina clicando aquí, e tamén podedes descargar a ruta en pdf aquí. Estaría ben que fixérades unha parte e que me mandarades algunha foto facendo a ruta. O meu correo é d_casal@edu.xunta.gal.
SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO.
Solucións de sociais, galego e inglés. Pincha aquí.
NATURAIS:
- Solucións aquí.
- Seguimos a repasar os contidos estudados ao longo do curso. Esta semana toca a Función de Nutrición.
MATEMÁTICAS:
- Solucións aquí.
- Hacemos los ejercicios 1,2 y 3 pág 152. Pincha aquí.
- Hacemos los ejercicios1,2,3,4,9 y 10 pág 153 Pincha aquí.
INGLÉS:
- CB pag. 46. Escoita aquí o exercicio 1. Copia o vocabulario na libreta co seu significado. ( Se tedes dificultade, poñédevos en contacto comigo).
- CB pag. 46. Escoita e le o 2 e facémolo na libreta.
- Exercicio 3 da mesma páxina. (Recordade que os anos en inglés lense de dous en dous Ex. 1934- nineteen thirty four).
- AB pag. 55
- AB pag.56 exercicios 2 e 3.
- AB pag.58.
(Se tedes dificultade poñédevos en contacto comigo)
SOCIAIS.
Pincha aquí para facer este test.( Mirade en agueiro na páxina compartida comigo).
Realiza esta ficha e envíama ao correo.
(Estas dúas fichas teñen que estar entregadas antes de
mércores).
LINGUA GALEGA:
- Le o recadro da páxina 182 ( A partición de palabras. O guión) e facemos os exercicios 1, 2 e 4 da 183.
- Exercicios de repaso da páxina 186 1, 2, 3, 4 e 5.
- Exercicios de repaso da páxina 187 1, 2, 3 e 4.
LINGUA CASTELÁ:
- Autocorrección das actividades páginas 18,19,20 e 21. Cuadernillo pinchade aquí.
- Realización das páxinas 22,23,24,25, 26 E 27 . Cuadernillo pinchade aquí. Si tedes problemas para visualizar o cuadernillo dende internet no enlace ou queredes imprimir as follas das tarefas, pinchade aquí.
- Entrades plataforma https://es.liveworksheets.com/ , acceso alumnos e facemos as fichas 13,14,15 e 16. Poñédevos en contacto conmigo para explicarvos como acceder e solicitarme o usuario e contraseña.
SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO.
MATEMÁTICAS:
NATURAIS:
- Solucións pendentes da entrega de fichas.
- Facemos esta ficha (ficha 12).
- Facemos estas fichas de repaso (fichas 1 e 2).
Non fai falta que copiedes os enunciados. Basta con poñer o número da ficha e o número do exercicio. Pinchade aquí para ver un exemplo de como tedes que facer. Hai que entregar as fichas antes do venres. Enviádemas ao correo:mestresanci+riotorto@gmail.com.
LINGUA GALEGA:
Solucións de galego, sociais e inglés. Pincha aquí.
- Le e estuda a páxina 180.
- Exercicios 1, 2, 3, 4, 5 (escrito) e 6 da páxina 181.
- Como xa sabedes o 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero.Para coñecer algo sobre a súa vida e obra esta semana (o xoves, para que estean todas enviadas o venres) imos facer esta ficha. (Recordádevos de enviarma: pcrey@edu.xunta.es)
INGLÉS:
- Lectura da pag. 45 de CB e facer as actividades de comprensión da pag. 54 de AB.
- Copiar na libreta (por detrás) o verbo" to be" en pasado. Copialo desta ficha; despois facela e enviarma.
- Pincha aquí para repasar o verbo to be.
- Pincha aquí para repasar as horas.
- Pincha aquí para facer esta ficha e enviarma (igual cas anteriores)
LINGUA CASTELÁ:
- Autocorrección das actividades páginas 14,15,16 e 17.Cuadernillo pinchade aquí.
- Realización das páxinas 18,19,20 e 21 . Cuadernillo pinchade aquí.
- Visualizade o repaso dos posesivos en Agueiro. Grupo Sonia, na páxina principal, portafolio do mestre, na segunda páxina recursos lingua castelá.
- Repasamos los posesivos. Pincha aquí, haz y envía la ficha.
- Repasamos lo demostrativos. Pincha aquí, haz y envia la ficha.
- Repasamos diptongos e hiatos. Pincha aquí, haz y envia la ficha.
SOCIAIS:
- Lede as páxinas 112 e 113 (arte románica e gótica).
- Exercicio 1 da páxina 113
- Exercicios 1 e 2 da páxina 115.
- Visualizade estes vídeos sobre a arte románica e gótica.
SEMANA DO 04 AO 08 DE MAIO
MATEMÁTICAS:
Solucións de matemáticas. Pincha aquí.
- Hacemos los ejercicios 1, 2, 3, 4, 5, 8 y 11 de las páginas 150 y 151.
- Repasamos el 2º trimestre. Pincha aquí para ver las actividades de esta semana.
NATURAIS:
Solucións de naturais. Pincha aquí.
- Estudamos as páxinas 72, 73, 74 e 75 e facemos os exercicios que hai nelas (os "traballa coa imaxe" tamén).
- Facemos os exercicios 1, 2, 3 e 4 da páxina 82.
LINGUA GALEGA:
Solucións de galego, sociais e inglés. Pincha aquí.
LINGUA GALEGA:
- Facede a lectura " A princesa da Pampa" Pinchade aquí e para ler a seguinte páxina aquí.
- Exercicios de comprensión da lectura anterior: 2,3,4,5, 7 e 8. Pinchade aquí.
- Lede o recadro sobre a sufixación e facede os exercicios 1, 2, 3 e 4 desta páxina.Pinchade aquí
SOCIAIS:
Solucións de galego, sociais e inglés. Pincha aquí.
- Lede as páxinas 108, 109, 110 e 111.
- Facemos os exercicios 1 e 2 da páxina 111.
- Para que vos axude a entender mellor a Idade Media visualizade estes vídeos. Vídeo 1. Video 2
INGLÉS:
Solucións de galego, sociais e inglés. Pincha aquí.
INGLÉS:
- Activity Book (AB) page 53. Recordade repasar o verbo "to be" ( nesta páxina está en pasado porque está falando de accións do pasado).
- Mira aquí as INSTRUCIÓNS para facer as seguintes fichas.
- Ficha repaso "to be".
- Ficha "to be" present and past
- Ficha "All about me"
LINGUA CASTELÁ:
-
Autocorrección das actividades páginas 10,11,12 y 13. Cuadernillo pinchade aquí.
-
Realización das páxinas 14,15,16 e 17. Cuadernillo pinchade aquí.
- Copiamos a teoría que aparece no enlace e facemos a práctica. Pinchade aquí.
- Visualizade o repaso dos determinantes en Agueiro. Grupo Sonia, na páxina principal, portafolio do mestre, na segunda páxina recursos lingua castelá.
- Practicamos análise sintáctica e morfolóxica. Pinchade aquí para ver as frases para realizar.
- Repasamos con esta ficha las clases de sustantivos. Pincha aquí y envía la ficha. slamas@edu.xunta.es.
SEMANA DO 27 AO 30 ABRIL
MATEMÁTICAS:
- Corregimos aquí los ejercicios 3 y 4 pág 147.
- Soluciones a las actividades de la semana. Pincha aquí.
- Repasamos el 2º trimestre. Pincha aquí para ver las actividades de la semana.
NATURAIS:
Solucións de naturais. Pincha aquí.
Corrección (importante).
Nesta tarefa, que vos deixei o luns, cometín erros cruciais nos números que escribín. Debaixo podedes ler (en laranxa) o que quería escribir en realidade. Arriba tedes o solucionario extraído do "libro do profesor". Pídovos disculpas polas molestias que vos puiden causar.
Pero eso sí: ninguén preguntou nada e eso preocúpame. É moi importante (o máis importante, penso eu) que nos comuniquemos. Desde Agueiro é posible, pero se non sabedes usar o seu foro nin o seu servicio de mensaxería, podedes contactar comigo por email nesta dirección: mestresanci+riotorto@gmail.com
Desexando o mellor para vós e para os vosos seres queridos, me despido por agora.
Unha aperta, meus queridiños!
Facemos os exercicios da páx 69 (O exercicio 12 é voluntario. É unha boa actividade. Está claro que teriades que facelo pola vosa conta e non en grupo).
LINGUA GALEGA:
- Autocorrección das tarefas anteriores de galego. Pincha aquí.
- Facede os exercicios 1,2,3 e 4 da páxina 172.
- Exercicios 1,2 e 3 da páxina 173.
- Mirar este recurso para repasar o verbo: pincha aquí (tedes que permitir o contenido flash).
SOCIAIS:
Solucións de sociais. Pincha aquí.
- Lede as páxinas 108 e 109 "Os reinos cristiáns"
- Lede as páxinas 106 e 107 e facede os exercicios 1,2 e 3 da pax. 107
- Autocorrección das tarefas anteriores de sociais. Pincha aquí.
Visualiza aquí un vídeo sobre a Idade Media
INGLÉS:
Solucións de inglés. Pincha aquí
- Execise 1º da páxina 43 de Class Book(CB), escoitadeo aquí "Listen and say the number" (recordade poñer o nº e tamén o significado) RETO: (ser capaz de enviarme a solución por agueiro nunha mensaxe privada).
- Exercises 1º e 2º da páxina 44 de Class Book (CB). Listen here.
- Activity book (AB) páxina 52 exercises 1º and 2º.
- Autocorrección das tarefas da semana pasada.Pincha aquí
- Preme aquí
LINGUA CASTELÁ:
-
Autocorrección actividades páginas 6,7,8 y 9. Cuadernillo pinchade aquí.
-
Autocorrección actividades de determinantes demostrativos. Pinchade aquí.
- Actividades páginas 10,11,12 y 13. Cuadernillo pinchade aquí.
- Actividades determinantes posesivos. Pinchade aquí.
- Practicamos todos os días un pouco cos verbos. Pincha aquí. Soamente tedes que completar, comprobar e dar a máis exercicios, os outros enlaces de abaixo non funcionan.
SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL.
MATEMÁTICAS:1. Non pon nada.
NATURAIS:1. Non pon nada.
LINGUA GALEGA:
- Exercicios 1, 2 e 3 das páxinas 170 e 171
- Ler a páxina 170. Copiar na libreta o recadro e estudalo.
- Exercicios 1, 2 e 3 das páxinas 170 e 171
SOCIAIS:
- As etapas da historia, preme aquí para visualizar.
- Le as páxinas 104 e 105.
- Exercicios 1, 2 e 3 da páxina 105.
INGLÉS:
- Copia na libreta o vocabulario da unidade 5 "Lesson 1" (como facemos sempre).
- A continuación podedes escoitar o vocabulario do tema. Premede aquí.
(De arriba a abaixo: centro comercial, biblioteca, supermercado, teatro, hotel, iglesia, cine, cafetería).
En Class book (pax.42) escoitades o exercicio 2 "Listen and say the number" e anota no caderno os números en orden
3. Activity Book facemos a páxina 51. 1º e 2º exercicios.
EDUCACIÓN FÍSICA (VOLUNTARIO):
No departamento de educación Física estou deixando varios enlaces con actividades para facer na casa. Esta semana eu propoño o xogo da Oca de Educación Física (Juego de la Oca de la Educación Física: tablero y reglas). Pero podedes investigar nas outras actividades postas no departamento de Educación Física. Podedes modificar as actividades que hai que facer en cada casilla para adaptalo as vosas posibilidades.
LINGUA CASTELÁ:
- Autocorreccion comprensión lectora. " La guerra de las galaxias" Pincha aquí para corregir
- Actividades páginas 6,7,8 y 9. Cuadernillo pinchade aquí.
- Actividades de determinantes demostrativos. Pinchade aquí.
- Realización de resumen ...¿Qué está sucediendo en la actualidad?.Los alumnos que sepan entrar en Agueiro deberán entregarlo a través de la página compartida. Tenéis instrucciones de como hacerlo en el foro. Los alumnos que no seáis capaces, tenedlo preparado para verlo yo en la libreta hecho, el martes cuando haga videollamada. Mínimo 20 líneas.