Skip to Content

OS EXPERIMENTOS DO XII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O Día da Ciencia en Galego é a celebración do Día Internacional da Ciencia en Galicia, na que facemos un fincapé especial en resaltar máis aló das fronteiras o labor de todos os científicos deste territorio pasados e presentes. O seu principal obxectivo é salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego e poñer en voga as achegas dos galegos á ciencia universal.

A nosa achega nalgunhas aulas do colexio foi realizar pequenos experimentos. Algúns sorprendentes.

UN MAR DE CORES EN 5º DE E. INFANTIL

Un mar (de leite, iso si) de cores no que vertemos nun prato un chisco de leite enteiro...

...e engadímoslle colorante alimentario.

Despois rompemos as cores cun pouco de lavavaixelas.

Cal é o resultado?

O MAGNETISMO DOS IMÁNS EN 6º DE E. INFANTIL 

Fíxate como recollemos todos os clips e outros obxectos de ferro se agarralos.

APAGAR UN LUME SEN SOPRAR EN 4º DE E. INFANTIL

Pois temos unha candea acesa e un tarro de vidro. Imaxina o que podemos facer para apagar. Ei! non se pode soprar!

Pois, que tal se facemos que a lapa consuma todo o oxíxeno tapando a candea?

Cal é o resultado?

O que imaxinas: que se apaga o lume.

COMO AUGA PARA ACEITE (OU ERA CHOCOLATE?) EN 6º DE E. INFANTIL E 1º DE E. PRIMARIA

Primeira fase

A ver, ti como cres que quedará a auga se a mesturas con cacao soluble? Azul? Seguro?

 

Pois, veña, a comprobalo empiricamente! Vertemos cacao...

...e axitamos.

 

Cal é o resultado?

Pois, como es como un allo, acertaches: marrón!

Segunda fase

E agora que cor terá a auga se a mesturas con aceite? Amarelo, dis? Ha, ha. Agarda e verás.

Botamos auga.

O dito: botamos auga (noutra clase tamén).

Axitamos.

Cal é o resultado?

Isto non o esperabas, a que non? Non se mesturan. 

Benvidas e benvidos á ciencia!



page | by Dr. Radut