Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> FAMILIAS NA AULA 6ºB EI
Ademais de contar o noso conto na biblio, para celebrar a importancia dos libros nas nosas vidas estamos contando coa participación de mamis, tías, avoas, ... que veñen a contarnos e lernos contos na aula.
Pasámolo xenial! Así que, aínda que rematara a semana do libro, seguimos escoitando os seus contos. Como agradecemento facémoslles un agasallo debuxando algo do conto que nos traen e algunha sorpresiña máis.
Nesta ocasión contamos coa mamá e a tía de Meijia (o venres) e a mamá e a avoa de Liah (o xoves 3).