Skip to Content

Taboleiro de anuncios

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

Con Rosalía acabamos de abrir as fiestras e agora facemos o mesmo coas portas. Os vindeiros 5 e 12 de marzo de 2018, de 18 a 19 horas, convidámosvos a asistir ao noso centro. Querémos amosar ás familias que así o desexen as nosas instalacións, informar sobre o funcionamento do colexio e resolver calquera dúbida que poida xurdir.

VINDEIRAS SAÍDAS

Imaxe: www.coruna.gal

Informamos das actividades complementarias previstas para estes días (premede para descargar pdf coa autorización):

  • 21 de febreiro, e de EP ao Pazo da Ópera para gozar do concerto “Cousas de catro”.
  • 22 de febreiro, 2ºA de EP á biblioteca municipal do Ágora e de EP ao Pázo da Ópera para ver “Noé, Noemí y Noemilia, siete animales y su familia”.
  • 23 de febreiro, de EP ao Pazo da Ópera para gozar do concerto “Cousas de catro” e 2ºB de EP á biblioteca municipal do Ágora.
  • 27 de febreiro, 4ºA e 4ºB de EP á biblioteca municipal do Ágora.
  • 28 de febreiro, 6ºA de EP á biblioteca municipal do Ágora. 

OS MANDADOS DO MECO 2018

Chega o Entroido e, con el, o tradicional Meco. Todos os días, este amigo ordenará traer algo posto e nós debemos obedecerlle. Por iso, pedimos a colaboración ás familias para que axuden aos cativos e cativas a buscar os mandados do Meco. Aquí vos deixamos un resumo do que vai pedir ao longo da semana que vén: 

Luns: hai que levar algo na cabeza. 

Martes: temos que poñer unha gravata no pescozo. 

 

Mércores: traeremos os zapatos decorados con algo. 

 

Xoves: vestiremos un disfrace que teñamos pola casa. 

 

Venres: cada aula ou nivel disfrazarase dun Entroido galego.

ENTROIDO DO COLEXIO

Imaxe: CEIP Pintor Laxeiro.

Con motivo da celebración do Entroido, comunicamos que a festa terá lugar venres, día 9 de febreiro, no patio do colexio (se o tempo o permite). O tema, xa de todos coñecido, é A Coruña, dado que o centro de interese que guía todas as actividades programadas neste curso que estamos a desenvolver é “A Coruña. Unha cidade en femenino”.

Convidámolos a que asistan para compartir con toda a comunidade educativa esta festa. Polo que o portalón do patio estará aberto 15 min. a partir das 13:15 horas. Ás 13:30, pecharase para salvagardar a seguridade do alumnado. 

Ocuparán exclusivamente a zona detrás dos bancos de infantil sen acceder ás zonas ocupadas polo alumnado.

Infórmase de que hai alumnado que non ten permiso de imaxe; polo que os pais/nais que desexen sacar foto/video reduzan estas aos seus fillos/as. 

Lembramos que o alumnado está baixo a responsabilidade de cada profesor/a titor/a ata as 14:00 horas e as familias evitarán coller ningún/ha neno/a e separalo do seu grupo de clase. Polo tanto, non poden ser sacados do centro antes da hora de saída. Esta medida tómase polo ben dos seus fillos/as.

 As clases reanúdanse o xoves día 15 de febreiro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut