Para que sexa máis sinxelo lerlles o conto os nenos e nenas de Educación Infantil, aquí tendes unha versión que, tratando de conservar o texto orixinal, faino un chisco máis curto. Para descargar o texto en pdf preme aquí.
O cronopio estaba contento porque vivía nunha casa normal... Así comeza un dos relatos imaxinados polas aulas de Educación Infantil. Tratan sobre uns personaxes inventados polo escritor Julio Cortázar. Premede na imaxe para acceder a máis contos nun dos blogs do colexio. Vanvos gustar de seguro.
Xa levamos un tempo quentando motores para as Letras Galegas. E agora toca cantar e bailar un pouco ao ritmo de Pablo Díaz: Queremos galego! Está no seu álbum Tic tac toc.
E aquí tendes o refrán (estribillo) da canción en pictos: