Skip to Content

Quen somos?

QUEN SOMOS?

 

O Departamento de Orientación (DO) foi creado no curso 2000/2001, en cumprimento do establecido nos art. 3º e 13º da Orde do 24/07/1998 (DOG do 31) pola que se establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, regulada polo Decreto 120/1998 (DOG 27 de abril).

Que é o Departamento de Orientación? 

  • É un servizo que ofrece nos centros educativos públicos a Consellería de Educación.
  • É un apoio esencial para axudar ao alumnado no seu tránsito educativo dende a educación infantil ata o remate dos seus estudos obrigatorios.
  • Non só asesora ao alumnado, senón tamén ás familias e ao profesorado do Centro.

Que servizos pode prestar e a quen?

  • Ao alumnado: axudarlle a superar as dificultades e a desenvolver todas as súas capacidades.
  • Ás familias: dar información e facilitarlles a súa colaboración no proceso educativo dos seus fillos, non só en aspectos escolares senón tamén no seu desenvolvemento persoal e social.
  • Ao profesorado: colaborando na mellora da calidade educativa.

Por quen está composto no curso 2022-23?

  • Xefatura do DO: Ramón París Lago
  • Audición e linguaxe (AL) I: M. Carmen García Vila
  • AL II: Esther Vázquez Pardo
  • Pedagoxía terapéutica (PT): I M. de la O Fernández Iglesias
  • PT II e coordinadora do 3º ciclo de EP: M. José Camino Marta
  • PT III (at. preferente): Ciro Salgado Rodríguez
  • PT IV: Ana I. Paz Villar
  • Coordinador do 2º ciclo de EI: Xabier Gayoso Ponte
  • Coordinadora do 1º ciclo de EP: Susana Rodríguez Martínez
  • Coordinadora do 2º ciclo de EP: M. Jesús Seoane López

Distribuir contido


by Dr. Radut