Skip to Content

Prom. 2018

ANIVERSARIO DE ÍAN 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> ANIVERSARIO DE ÍAN 6ºB EI

O xoves 30 celebramos o penúltimo aniversario deste ano. Ían cumpriu 5 aniños. Moitos parabéns!!!!

O 25 N NA AULA DE 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> 25N na aula de 6ºB EI

O pasado 25 de novembro celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.

Na nosa aula queremos que se ELIMINE todo tipo de violencia tanto contra as mulleres coma contra os homes, animais, medio ambiente, etc. Por iso, a nosa proposta é "RESPECT", a película que queremos que se estree o 25N pero que se proxecte todos os días do ano e que a teñamos presente porque con RESPECTO xa non hai violencia.

CONTACONTOS NA BIBLIO 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> CONTACONTOS 6ºB EI

O pasado mércores a escritora Adelaida Pittaluga estivo na biblio do noso cole para presentarnos o seu novo conto "La gallina Gallineta". 

Gallineta era moi despistada e non se daba conta de que estaba despilfarrando auga, enerxía,... por non cerrar a billa, deixar luces acesas, a porta do frigorífico aberta, as fiestras abertas coa calefacción posta, .... Ata que se dou conta de que temos que ser conscientes da boa utilización dos recursos.

A súa ilustradora ensinounos truquiños para debuxar a Gallineta e saíronnos xenial!!!

ANIVERSARIO DE MEIJIA 6ºB EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> ANIVERSARIO DE MEIJIA 6ºB EI

Miles de disculpas a Meijia!! O seu aniversario foi o primeiro que celebramos este mes de setembro e mirade cando vemos as súas fotos!! Menudo despiste!!!  Parabéns outra vez, rula!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut