Skip to Content

Prom. 2016

AS CANCIÓNS DO DÍA A DÍA

Algúns e algunhas xa estaredes cansos de escoitar estas cancións na casa. Cada día, case a mesma hora e case na mesma orde, na escola infantil realizamos as mesmas actividades. Case todas estas rutinas acompañámolas dunha canción. Podédelas ver todas no blog da nosa mascota, Paulo, na sección O que cantamos ou premendo na imaxe.

BOTAMOS O MONSTRO VERDE DA CLASE!

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> ¡Fuera de aquí, horrible monstruo verde!

Hai un libro marabilloso de Ed Emberly que se titula ¡Fuera de aquí, horrible monstruo verde! Moi axeitado para o tempo de Samaín e para falar dos medos en Infantil. 

Na clase, lémolo, comentámolo e despois compuxemos a cara dese horrible monstro que, por suposto, non nos mete medo ningún!

OUTONO EN 3 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> Outono en 3 anos

Ás veces, non resulta doado percibir a chegada do outono na cidade.

Por iso, queremos agradecer ás familias a súa axuda para que a estación da caída entrase na nosa aula. Ao longo destas semanas, a mesa dos proxectos está chea de landras, piñas, castañas, noces e, sobre todo, follas secas. Con todo isto, estamos a montar un mural moi realista e, de paso, aproveitamos para tocar, recender e sentir, en xeral, todos estes elementos propios desta tempada.

O PERÍODO DE ADAPTACIÓN A INFANTIL

Álbum: Educación Infantil 2019-2020 -> O período de adaptación

Existe un libro marabilloso titulado E ti... vas á escola? no que se afirma con moito tino que:

O ingreso na escola supón para o neno e a nena un gran cambio. Sae dun mundo familiar con códigos establecidos e roles determinados e coñecidos, dun ambiente no que se sente protexida ou protexido, onde é o centro de atención, e introdúcese no ambiente escolar, onde o contemplan, dende outro punto de vista, como alumna ou alumno dentro dun grupo no que se ten que relacionar -en espazos diferentes, cuns materiais e mobiliario diferentes, con outras maneiras de facer e de dicir as cousas, con moitos cambios e novidades na súa vida cotiá- con outras nenas, con outros nenos e con outras persoas adultas que, de momento, non son da súa confi anza.

De aí que no noso colexio planifiquemos este tempo con moito coidado. Hoxe deixámosvos unhas fotos dalgunhas (non todas, claro) das actividades que realizamos durante este período.

Distribuir contido


by Dr. Radut