Skip to Content

E. Primaria

CONSTRÚE OS TEUS PULMÓNS!!!

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Ciencia en galego en 6º EP: pulmón artificial

Para comprender mellor como funcionan os nosos pulmóns propoñemos este pequeno experimento, que podedes realizar na casa. O material necesario é moi sinxelo:

  • botella de plástico
  • cinta aillante 
  • 2 palliñas de plástico
  • 2 globos
  • 1 globo máis grande ou guante flexible

Preparados? Comezamos:

  1. Cortamos a  botella de plástico (representa a caixa torácica) e facemos un pequeño burato no tapón.
  2. Collemos un globo e recortamos a parte superior. Os globos representan os pulmóns. A continuación, introducimos o globo nunha palliña, que representa o bronquio e sellámola con cinta. Repetimos esta operación dúas veces, posto que temos dous pulmóns.
  3. Introducimos as palliñas dentro doutra  máis longa ( a traquea).  
  4. Unha vez feito  unímolas con cinta aillante, metémolas na botella.
  5. Sellamos a parte superior do tapón con cinta aillante ou plastilina.
  6. Na parte inferior colocamos un globo máis grande ou un guante e sellámolo con cinta. Representa o diafragma, un músculo  situado debaixo dos pulmóns que cande se contrae permite que os pulmóns se enchan de aire, polo que os globos agrandan. Cando se relaxa o aire sae dos  pulmóns e os globos quedan desinchados.

Proba a facelo. Seguro que pasarás un bo rato!!!!!

SAMAÍN 1º A 2022

Álbum: CURSO 2022-2023 -> SAMAÍN 2022

Volvimos a celebrar este novo Samaín 2022 con moita ILUSIÓN.

Sobre todo a visita ao SAMAÍN REBULDEIRO. Foi IMPRESIONANTE e MOI TERRORÍFICO!!!

 

 

XOGOS DE MESA EN GALEGO

Álbum: Educación Infantil 2022-2023 -> Obradoiro de xogos de mesa en galego (2º e 3º)

Pois hoxe tocaba xogar! A xente de Brazolinda tróuxonos á biblio un fato de xogos divertidos e con tallada: algúns necesitaban que utilizásemos as matemáticas, outros os nosos coñecementos científicos, outros que traballásemos en equipo... 

Nun mundo en que a tecnoloxía asolaga todo, animamos a todo o mundo a que colla un xogo, se achegue a unha mesa e goce do pracer de XOGAR a algo que se pode tocar.

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO (1º A)

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> ANIVERSARIO SETEMBRO 1º

PARABÉNS A VICTORIA E SABRINA!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut