CONSTRÚE OS TEUS PULMÓNS!!!
Para comprender mellor como funcionan os nosos pulmóns propoñemos este pequeno experimento, que podedes realizar na casa. O material necesario é moi sinxelo:
- botella de plástico
- cinta aillante
- 2 palliñas de plástico
- 2 globos
- 1 globo máis grande ou guante flexible
Preparados? Comezamos:
- Cortamos a botella de plástico (representa a caixa torácica) e facemos un pequeño burato no tapón.
- Collemos un globo e recortamos a parte superior. Os globos representan os pulmóns. A continuación, introducimos o globo nunha palliña, que representa o bronquio e sellámola con cinta. Repetimos esta operación dúas veces, posto que temos dous pulmóns.
- Introducimos as palliñas dentro doutra máis longa ( a traquea).
- Unha vez feito unímolas con cinta aillante, metémolas na botella.
- Sellamos a parte superior do tapón con cinta aillante ou plastilina.
- Na parte inferior colocamos un globo máis grande ou un guante e sellámolo con cinta. Representa o diafragma, un músculo situado debaixo dos pulmóns que cande se contrae permite que os pulmóns se enchan de aire, polo que os globos agrandan. Cando se relaxa o aire sae dos pulmóns e os globos quedan desinchados.
Proba a facelo. Seguro que pasarás un bo rato!!!!!