Skip to Content

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Con data de hoxe, saíron publicadas as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as na distribución de máscaras e xa se poden consultar no taboleiro do centro.

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DA DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Xa están pubicadas as listas provisionais de admitidos e excluídos da distribución de máscaras. Poderán consultalas no taboleiro do centro en horario de secretaría (9:30 a 13:30).

As persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

 

CAMPAMENTO NADAL 2021

A Federación de Anpas oferta este campamento de Nadal para os días que non haxa colexio.

Aquí vos deixamos toda a información:

SEDE: San Pedro de Visma.

DATAS: 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3, 4 e 5 de xaneiro.

INSCRICIÓN:

- INSCRICIÓN: Do 29 de novembro ao 2 de decembro no formulario en liña que atopará na seguinte ligazón: fedapascoruna.org/inscripciones

- PUBLICACIÓN DE ADMITIDOS: O 10 de decembro publicarase a listaxe de admitidos e listaxe de agarda na web www.fedapascoruna.org.

Terán preferencia (por orde de inscrición) aqueles escolares matriculados no centro sede que cumplimenten a solicitude o día 29 de novembro. A continuación adxudicaranse as prazas restantes ao resto de solicitantes por rigurosa orde de inscrición, matriculados en calquera CEIP público do Concello, incluído o centro sede.

- ABONO DA COTA E ENVÍO DO XUSTIFICANTE DE ABONO: Do 10 ao 14 de decembro. Ambos incluídos. Deberá formalizarse o abono da cota no seguinte número de conta: ES37 2100 6359 5802 0006 1816 e enviar o xustificante de pago ao seguinte enderezo electrónico: campacoles@fedapascoruna.org

No caso de non enviar o xustificante do abono da cota no prazo indicado, adxudicarase a súa praza ao solicitante que corresponda na listaxe de agarda.

- XESTIÓN DA LISTAXE DE AGARDA: A partires do 15 de decembro ate o 17 de decembro. Esta xestión realizarase telefónicamente directamente coas familias.

PRAZAS:

- CAMPAMENTO: Non se mesturarán participantes de distintas etapas educativas (Educación Infantil e Educación Primaria). O mínimo de participantes por grupo será de 10. Deberánse formar alomenos 2 grupos independentes para levar a cabo o campamento. O máximo total de prazas por sede será de 45 participantes.

- MADRUGADORES E COMEDOR: Mínimo de 10. No caso de non acadar o número mínimo de participantes esixido, devolverase a cota aboada.

HORARIOS E COTAS POR PARTICIPANTE:

- CAMPACOLE (de 10 A 14 h.): 30 €*.
- MADRUGADORES SEN ALMORZO (de 8:30 a 10 h.): 18 €.
- MADRUGADORES CON ALMORZO (de 8:30 a 10 h.): 30 €.
- COMEDOR (de 14 a 15;30 h.): 40 €.
- SEGURO DE ACCIDENTES: 4€**.

*Estarán exentos da cota de Campacole (30€) os participantes que xustifiquen ter a beca comedor para o curso 2021/22.

**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2021/22. (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”, “English Lab” ou “On Parle”)

PARA CALQUERA DÚBIDA VOS DEIXAMOS O TELÉFONO E EMAIL DA FEDERACIÓN: 649055939 – 698158503 campacoles@fedapascoruna.org

Distribuir contido


by Dr. Radut