Skip to Content

FESTA DE FIN DE CURSO DA ANPA 2022

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Festa de fin de curso da ANPA 2022

Pois chegou o final do curso e, con el, volven as tradicións perdidas durante a pandemia. O pasado mércores a rapazada do cole puido gozar da chea de actividades que a ANPA organizou. 

Abonda con botar un ollo ás imaxes para decatarse de que non faltou diversión!

REVISTA ANUAL "VIVEIRO 2021-22"

Xa sabedes que o Viveiro é a revista anual do noso colexio. Os rapaces e rapazas levan un exemplar á casa en papel. Pero, esta versión dixital sempre agocha sorpresas e contidos interactivos. Descubrídeos!

Queres saber de onde saíron as citas sobre emocións que aparecen no Viveiro?

  • Páxina 2. Rodríguez, Julio (2018): Lo que dice la ciencia sobre educación y crianza. Barcelona: Plataforma.
  • Páxina 4. Ruiz Martín, Héctor (2020): ¿Cómo aprendemos? Barcelona: Graó.
  • Páxina 6. Bueno i Torréns, David (2019): Neurociencia aplicada a la educación. Madrid: Síntesis.
  • Páxina 20. Siegel, Daniel J. e Payne Bryson, Tina (2016): El cerebro del niño. Barcelona: Alba.
  • Páxinas 42, 52 e 62. Citado en Abelleira Bardanca, Ángeles e Amigo Quintana, Manuel (2009): Medrando sans: de sentimento en sentimento. de emoción en emoción. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

REMATE DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Informamos que hoxe é o último día de actividades extraescolares de 4 a 6 da tarde. A partir de mañá, día 1 de xuño (incluído), o alumnado que se quede a comedor ten que ser recollido antes das 16 horas.

Distribuir contido


by Dr. Radut