Skip to Content

CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

De acordo co disposto no art. 41 do D. 374/1996 corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 pais dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. Son electores todos os pais/nais/titores legais do alumnado do centro incluídos no censo electoral que está exposto no taboleiro de anuncios do colexio. As reclamacións ao censo faranse mediante escrito á Xunta Electoral ata ás 14 horas do día 4 de novembro.

Os pais/nais/titores legais poden presentar a súa candidatura segundo o modelo oficial que se facilita na secretaría do colexio ata as 14 horas do día 11 de novembro. O sorteo dos membros da mesa electoral farase en acto público o día 14 de novembro ás 11:45 horas nas dependencias do colexio.

As votacións realizaranse neste colexio o día 28 de novembro de 16:30 a 19:00 horas. Teñen dereito a voto o pai, a nai ou os titores legais do alumando debendo acreditar a súa personalidade co DNI / NIE / pasaporte... A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

POR QUE É IMPORTANTE O CONSELLO ESCOLAR?

XIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

Día da Ciencia en Galego é a celebración do Día Internacional da Ciencia en Galicia, na que facemos un fincapé especial en resaltar máis aló das fronteiras o labor de todos os científicos deste territorio pasados e presentes. O seu principal obxectivo é salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego e poñer en voga as achegas dos galegos á ciencia universal.

Este ano os científicos homenaxeados son Evariste Galois e Ángeles Alvariño González (máis info sobre eles aquí).

Mantente atenta/o á nosa web porque imos mostrarche algunhas das iniciativas que levaremos a cabo no noso colexio.

SAMAÍN 2022

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Samaín 2022

Acceso directo á galería de imaxes do cole!

Hoxe celebramos o Samaín no colexio cunha chea de actividades. Desde a semana pasada, un cento de cabazas decoradas para a ocasión lucían no vestíbulo, sorprendendo coa súa orixinalidade e neste venres tocaba disfrazarse. Bótalle un ollo as imaxes de enriba!

 

Durante toda a mañá, por clases, tamén fomos visitando O Samaín Rebuldeiro, un túnel do terror montado no ximnasio do colexio. Pasear por el converteuse nunha experiencia arrepiante.

 

E non esquezas que aínda está pendente de resolución o concurso de relatos Dáme medo, organizado pola biblio!

VOTA POLA NOSA PROPOSTA

COMPARTE E VOTA POLO NOSO COLE!

Temos unha proposta imprescindible nos orzamentos participativos do concello: A MELLORA DO PAVILLÓN do centro.

Preme na imaxe de enriba e vota a nosa proposta.

Distribuir contido


by Dr. Radut