Skip to Content

APERTURA PRAZO PARA SOLICITAR MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE E. PRIMARIA

Consulta toda a info premendo na imaxe de enriba.

Descarga aquí a solicitude.

Máis info en:

CHARLA SOBRE DISCIPLINA POSITIVA CON MARÍA SOTO

Invitamosvos a unha interesante charla impartida por María Soto (logopeda, psicóloga e autora do libro Educa Bonito) sobre a necesidades de poñer límites @s nen@s, pero sen utilizar premios nin castigos.

Nesta charla daránsenos "ferramentas" para facilitar a difícil tarea de educar aos nos@s fill@s, desde un enfoque "positivo"

A charla é gratuíta e terá lugar o xoves 25 de noviembre, na Biblioteca do cole, de 19:00 a 20:00 h. Será unha hora amena e proveitosa!!

Deixámosvos unha entrevista a María Soto no xornal de La Voz de Galicia.

Animádevos a vir!!!

TOD@S @S INTERESAD@S EN ASISTIR, TEÑEN QUE ENVIAR UN EMAIL A: anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com

Queremos agradecer a colaboración da ONG Ayuda en Acción que financia esta charla para a Escola de Pais e Nais da Anpa do noso cole.

MAGOSTO 2021 (POR PARROQUIAS, DE NOVO)

Álbum: CURSO 2021-2022 -> Magosto 2021

Seguimos, coma o curso pasado, nunha situación especial. Pero non imos renunciar a celebrar as nosas tradicións. Iso si: tomando todas as medidas de prevención que necesitamos.

Por iso, cada aula organizou o seu propio magosto.

Recursos para o magosto

O CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS NO COLEXIO

Álbum: Educación Primaria 2021-2022 -> Paco Nogueiras actúa para 2º

Hoxe, grazas a Normalización Lingüística do Concello da Coruña, tivemos a fortuna de presenciar en directo un gran concerto no noso patio. Paco Nogueiras actuou para o alumnado de 2º de EP (e alguén máis que, ao lonxe, tamén bailou e cantou), interpretando temazos do seu disco Radio Bule Bule.

A rapazada desde a grada da pista verde puido gozar do espectáculo abaneando as súas bandeiriñas e pancartas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut