A ver, rapaz/a:
Como queremos que traballes menos que o xastre de Tarzán, a participación neste reto poñémola sinxela:
- busca coa túa familia un chiste en galego;
- memorízao ben e ensaia diante dun espello;
- e despois grávate contándoo (que ninguén che diga o contrario: ti tes graza e punto!).
Logo, pídelle a alguén da túa familia que saiba un mínimo de tecnoloxía que envíe o vídeo a este correo antes do luns, 24 de xaneiro de 2022:
ramonparis@edu.xunta.gal
ÚLTIMA HORA: aumentamos o prazo ata mércores, 26 de xaneiro.
O vídeo non pode durar máis dun minuto. Non te veñas tan arriba!
Un prestixioso xurado composto polos membros do EDLG terá a dura tarefa (?) de elixir os máis simpáticos.
Haberá dous premios: un para Infantil e outro para Primaria.