Skip to Content

CAMBIADORES E CUSTODIA

Infórmase de que non haberá servizo de cambiadores nin custodia xa que non se acadou o mínimo de dez usuari@s inscrit@s.

Quen precise algún destes servizos deberá inscribirse antes do 25 de cada mes, tendo en conta de que só se ofrecerán estes servizos no caso de haber mínimo dez usuari@s inscrit@s.

Máis info e prezos aquí.

Inscripcións: Arume 986 45 30 40 / 630 36 38 44 ou contactar no mail

info@arumeservicios.es

 

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NEAE 2023-24

Velaquí toda a información para solicitar as becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/2024. Preme na seguinte imaxe:

Se tes algunha dúbida, contacta co Departamento de orientación do colexio no enderezo: ramonparis@edu.xunta.com ou chamando ao teléfono do colexio: 981 25 71 54.

OLLO!

O prazo remata o día 20 de setembro. Pero non agardes ata o último día porque cumprimentar a solitude non pode facerse nun día.

CÓXEGAS SETEMBRO 2023

Do 1 ó 5 de setembro ás 23:59 está aberta a inscripción en CÓXEGAS, programa de actividades de luns a venres de 16h a 18h.

CÓXEGAS será do 11 setembro e rematará o 29 do mesmo mes, xa que en outubro comenzarán as actividades extraescolares ordinarias (Aínda non está aberto o prazo de inscripción).

Este ano CÓXEGAS custará 15€ e os beneficiarios da bolsa comedor terán un desconto do 50% (pagarán 7'5€).

Ademáis aboaranse unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes que cubrirá tódalos programas xestionados pola Federación de ANPAs no curso 23-24. 

O enlace para inscribirse é este: 

http://www.fedapascoruna.org/inscripciones

Contacto para dúbidas:

inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org

ou nos teléfonos 649055939 – 698158503

PUBLICACIÓN RECTIFICACIÓN LISTAXES EMENDA DE SOLICITUDES DE BOLSA COMEDOR CURSO 2023/2024

Hoxe, 28 de xuño de 2023, publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, unha rectificación das listaxes de emenda das solicitudes presentadas á convocatoria para a concesión de bolsas municipais para o pago de comedores escolares no curso escolar 2023/2024.

Pódense consultar aquí.

Amplíase o prazo para a presentación da documentación requirida ata o 12 de xullo, incluído, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Distribuir contido


by Dr. Radut