Skip to Content

LIBRE CIRCULACIÓN EN 3 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> libre circulación

Experimentamos a libre circulación nas nosas aulas. Consiste en que os nenos e nenas decidan a onde queren ir durante un período de tempo dependendo das actividades que lles ofertamos.

Nesta ocasión tíñamos unha aula dedicada máis ao arte con actividades de pintura e plastilina, e outra aula dedicada ao xogo simbólico con actividades de cociña e construcións.

Os rapaces se movían dunha clase ou outra dependendo da actividade que quixeran facer.

Que conseguimos?

- Agrupamentos flexibles en espazos e tempos regulados.

- Novos espazos de encontro.

- Promover actividades manipulativas.

- Facilitar as aprendizaxes entre nenos/as de diferentes aulas.

- As mestras son referente para todos os rapaces. Os nenos/as son de todos.

Resultou unha experiencia xenial. Repetimos para a semana. Guiño



album | by Dr. Radut