Skip to Content

OUTRAS COUSAS NA CLASE DE 6º B EI

Álbum: 1_Educación Infantil 2023-2024 -> COUSAS DO OUTONO 6ºB EI

Neste álbum imos meter aquelas cousas que nos quedaron soltas e agrupámolas todas para que as poidades disfrutar.

Como veredes, Chaplin está con nós desde o principio porque o cine empezou sendo mudo e en branco e negro e aí, foi moi importante este actor.

Montamos as nosas pipocas de cine xogando cos números. Construimos unha cámara de cine.

Cos productos do outono, usamos a carocha do millo para facer as vasoiras das bruxiñas do Samaín. Con plasti fixemos cousas de medo.

E, tamén, temos a sorte de contar cun profe que toca a guitarra e acompaña os seus contos con este instrumento. É xenial!!!

Grazas, Xabi!!

Aproveito para dicirvos que no álbum do Samaín, hai fotos que me quedaran sen subir. Botádelles un ollo!



album | by Dr. Radut