Skip to Content

E. Infantil, 3 anos, 4 anos, 5 anos

LIBRE CIRCULACIÓN EN 3 ANOS

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> libre circulación

Experimentamos a libre circulación nas nosas aulas. Consiste en que os nenos e nenas decidan a onde queren ir durante un período de tempo dependendo das actividades que lles ofertamos.

Nesta ocasión tíñamos unha aula dedicada máis ao arte con actividades de pintura e plastilina, e outra aula dedicada ao xogo simbólico con actividades de cociña e construcións.

Os rapaces se movían dunha clase ou outra dependendo da actividade que quixeran facer.

Que conseguimos?

- Agrupamentos flexibles en espazos e tempos regulados.

- Novos espazos de encontro.

- Promover actividades manipulativas.

- Facilitar as aprendizaxes entre nenos/as de diferentes aulas.

- As mestras son referente para todos os rapaces. Os nenos/as son de todos.

Resultou unha experiencia xenial. Repetimos para a semana. Guiño

BROCHETAS DE FROITA EN 5B INFANTIL

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Brochetas FRoita

Hoxe na nosa aula fixemos unha merenda moi especial: Brochetas de froita!!

Fai uns días elaboramos unha lista coas nosas froitas favoritas para saber o que tiña que mercar a profe. Chegado o día lavamos a froita, a cortamos e só faltaba unha cousa: elaborar as brochetas ao noso gusto. Comemos un montón de froita de maneira divertida e saludable, aínda que temos que confesar que lle botamos un pouco de chocolate para que soupera moito mellor!!

O NOSO CESPÍN

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> cespin

Coa chegada da primavera comezamos coas prantacións na aula, nesta ocasión fixemos un cespín. Desfrutamos con todo o proceso dende a semente ata cortarlle o pelo.

VISITA MOI ESPECIAL (EN 5B INFANTIL)

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Insectos en 5B INFANTIL

Hoxe tivemos unha visita moi especiall: insectos folla.

Duas nenas de segundo de primaria viñeron á nosa aula a ensinarnos os bechos folla e explicarnos un lote de cousas. Foi unha experiencia moi chula e aprendemos cousas moi interesantes.

Grazas Alejandra por compartir os teus insectos con nós!!

Distribuir contido


by Dr. Radut