Skip to Content

E. Infantil, 3 anos, 4 anos, 5 anos

CICLO DOS VERMES DE SEDA 6ºB EI

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> VERMES DE SEDA 6ºB EI

No mes de marzo empezaron a nacer os oviños que puxeran as bolboretas a finais do curso pasado. Así empezou o novo ciclo biolóxico destes bichiños.

Alimentámolos coas follas da nosa moreira porque non comen outra cousa. Medran moi rápido e agora, despois de encerrarse nas súas casiñas nas que se producirá un proceso máxico, estamos agardando a que saian eses vermes transformados en bolboretas e que poñan ovos, de novo, para poder coidalos o vindeiro curso.

Desta vez temos pensado facer un traballo especial cos capullos. A ver se nos queda chulo.

TRABALLOS EN ABRIL-EQUIPO VOZ NATURA

Álbum: CURSO 2023-2024 -> VOZ NATURA MES DE ABRIL

Este mes foi moi variado na climatoloxía. Pasamos de temperaturas moi altas, polo que tivemos que regar, a outra vez baixas e moita choiva.

Todo isto fixo que tiveramos que sementar de novo en moitos dos bancos. Pero, tamén, dounos a opción de plantar cousas novas. Imos probar coas patacas a ver que recollemos cando volvamos das vacacións de verán.

PEPE, NOVO COMPAÑEIRO DA CLASE

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> Pepe na primavera

Temos un novo compañeiro na clase, chámase Pepe, e é un caracol que coidamos moitísimo.

Todos os días lle damos follas e herbas para comer e tamén un pouco de auga.

Mirade que bonita a primavera na aula de 3 aniños.

Graciñas polas flores familias, gracias por participar!Risa

PARTICIPAMOS EN VOZ NATURA 6ºB EI

Álbum: Educación Infantil 2023-2024 -> VOZ NATURA 6ºB EI

Despois de ter plantado as nosas cebolas, agora temos que coidalas e a ver se conseguimos recoller algo de proveito. Así, despois duns días de sol, tivemos que regalas para que sigan medrando.

Probamos os amorodos do horto que estaban boísimos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut