Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

ENTROIDO: ORDES DE CHISCO

DÍA DA PAZ

Sorriso DÍA DA PAZ Sorriso

Este ano, no Día da Paz plasmamos a DIVERSIDADE como un valor que enriquece as nosas comunidades e sociedades, achegando unha variedade de experiencias, coñecementos e habilidades. O respecto á diversidade implica aceptar e valorar as diferenzas, recoñecendo que cada persoa é única e ten algo único que achegar ao mundo.

 

 

 

Estes bonecos representan a importancia da coexistencia pacífica e respectuosa de diferentes culturas, razas, relixións, opinións…para acadar un mundo en PAZ.

 

 

Radio Escolar na Radio Municipal de Tui

Ola radio oíntes e Comunidade do CEIP Randufe!

Aquí tedes a nova participación das alumnas e alumnos de 5º A e 5ºB no programa de Radio Escolar na RMT. 

Estes rapaces xa son expertos e... nótase! Non sí?

Podedes escoitar o programa o xoves, 1 de febreiro, ás 11:30 aproximadamente e unha redifusión ás 14:45. 

Pero aquí na nosa páxina poderes escoitalo tantas veces como queirades. 

                                           Fantásticas recomendacións lectoras!

ACTIVIDADE DE ROBÓTICA NOVA INSCRICIÓN

SOLICITUDE RESERVA PRAZA 2024/2025

RESERVA DE PRAZA

Aberto o prazo do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

 

Toda a información do procedemento no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

O procedemento vai dirixido ao alumnado que cambia de etapa educativa (Ed Infantil do CRA Mestra Clara Torres e alumnos de 6º do Ceip de Randufe que pretendan continuar estudos no IES San Paio).

 

Documentación:

- Anexo I (ED550A) e Anexo I-bis asinado polos 2 proxenitores.

- Libro de familia.

- Sentenza de divorcio de ser o caso

 

A solicitude de reserva de praza será única e presentarase no centro de orixe ou na sede electrónica a través da aplicación admisión alumnado

Canción do mes de xaneiro: Tataravoa das Fillas de Cassandra

Comezamos o 2024 cun pouquiño de música para animar a volta ao cole. 

Neste mes de xaneiro, poderemos das gozar da música das incribles Fillas de Cassandra, unhas rapazas de Vigo, Sara e María que tocan, cantan e nos fan vibrar coa súa arte.

Como? Que non as coñeces? Pois escoita esta canción que fará que a túa tataravoa estea ben contenta! Guiño

 

OBRADOIRO DE NADAL

 

Este é o froito dos OBRADOIROS DE TARXETAS DE NADAL. Para realizalas, empregamos papel reutilizado e anacos de cartolina. Con elas felicitaremos o Nadal ás nosas familias e amigos.

 

 

 

 

GUÍA DE LECTURA

Con esta nova "Guía de lectura" aportamos algunhas suxestións para que lle pidades aos Reis magos, Papá Noel ou ao Apalpador algún libro este Nadal.

 

DEIXÁDEVOS ATRAPAR POLA MAXIA DOS LIBROS!

PREME NO ADXUNTO

 

 

 

Chegou o Nadal!

Xa chegou o Nadal a Randufe!

O alumnado de terceiro e cuarto compartiron  a súa alegría coa parroquia de Randufe facendo un percorrido para cantar os Reis. Queremos agradecer a colaboración do Chagüen, Cruceiro do Monte, Bar Sampaio e Bar Pancho polo agarimo cos rapaces. Foi un día xenial!

Para mostra, un botón! Escoitade, escoitade... 

25 N

        Aquí temos o resultado tras reflexionar e traballar sobre a eliminación da violencia de xénero e a convivencia. Quixemos plasmar as conclusións nas nosas pegadas, que nos levan cara o lema escollido: CAMIÑANDO XUNTOS/-AS CARA A IGUALDADE. Confiamos en que o noso labor nos leve a unha sociedade máis xusta, igualitaria e sen violencia.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut