Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

Radio escolar: o grupo de 6º na Radio Municipal de Tui

Unha vez máis, o alumnado  de sexto da nosa escola fixo un traballo incrible recomendando o libro "O principiño" para toda a comarca do Baixo Miño.

Non perdades detalle do programa...

                        ES...PEC....TA ....CU ...LAR!

 

 

ENTROIDO 17 DE FEBREIRO

ORDES DE CHISCO

 

 

En galego... máis e mellor: as palabras homofonas

ESTREA MUNDIAL DO NOSO SEGUNDO EPISODIO!!!!

                       EN GALEGO... MÁIS E MELLOR!

O alumnado de 4ºB quérevos ensinar a usar correctamente certas palabras "difíciles"

                                                   Tres, dous, un... ACCIÓN!

 

 

CALENDARIO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

Normativa:

  Normativa 13/2022 do 3 de febreiro 

Orde 21 de outubro do 2022

 

 DO 15 XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO DO 2023    

 Reserva de praza para o alumnado que termina etapa educativa:

 - Alumnado de 6º de Ed. Primaria que pasa para o IES San     Paio.

 - Alumnado de 6º de Ed. Infantil do CRA Mestra Clara Torres que ven para o Ceip de Randufe.                                               

 22 DE FEBREIRO DE 2023

 

Publicación listaxe de alumnado con praza reservada
DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2023

 Periodo de admisión. Solicitude de plaza para:

- O alumnado que se incorpora por 1ª vez ao sistema educativo.

- Os que cambian de centro de maneira voluntaria.

25 DE ABRIL DE 2023

 Publicación listaxe provisional de admitidos.

5 días hábiles para formular reclamación (dende o día seguinte da súa publicación)

 15 DE MAIO DE 2023

 Publicación listaxes definitivas.

 DO 20 AO 30 DE XUÑO DE 2023

Prazo de formalización de matrícula.

POSTOS ESCOLARES VACANTES PARA O CURSO 2023-2024

EDUCACIÓN INFANTIL

           4º Ed. Infantil                                                     25 (3 NEAE)                         
5º Ed. Infantil 17
6º Ed. Infantil 11

 

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

      1º Ed.Primaria                                           10 (3 NEAE)                   
2º Ed. Primaria 10
3º Ed. Primaria 18
4º Ed. Primaria 9
5º Ed. primaria 22
6º Ed. Primaria 6

O valor da Convivencia

As rapazas e os rapaces de Valores de 4º B traballaron o valor da Convivencia durante o mes de xaneiro. Tanto o noso proxecto CO-CO coma a celebración do Día da Paz, recórdannos canto de importante é unha convivencia pacífica en calquera ámbito. Tamén na escola. Este proxecto recolle as súas conclusión sobre o que é necesario para isto.

 

Saída a Vigo: visita ao Castro e as salinas

O alumnado de cuarto de Primaria estivo aprendendo dos poboados prerromanos e a Romanización así que tivemos a oportunidade de descubrilo por nós mesmos.

                                          Mirade que ben o pasamos!

 

Radio Escolar na Radio Tui

Unha vez, @s estudantes do CEIP Randufe brilan na Radio Municipal de Tui coa súa recomendación lectora. 

Que fantástico traballo fixeron @s rapaces de 4º A e 4ºB tanto na creación como na locución do seu guión sobre o libro "La historia del Rainbow Warrior".

Ah! Que non o escoitachedes hoxe? Non vos preocupedes. Aquí volo deixamos para compartir con toda a familia.

Bo traballo!

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA 2023/2024

SOLICITUDE DE RESERVA

Aberto o prazo do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro 

 

Toda a información do procedemento no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/38867

 

O procedemento vai dirixido ao alumnado que cambia de etapa educativa (Ed Infantil do CRA Mestra Clara Torres e alumnos de 6º do Ceip de Randufe que pretenda continuar estudos no IES San Paio).

 

Documentación:

- Anexo I (ED550A) asinado plos 2 proxenitores.

- DNI do alumno/a.

- Sentenza de divorcio de ser o caso

 

A solicitude de reserva de praza será única e presentarase no centro de orixe ou na sede electrónica a través da aplicación admisión alumnado.

Distribuir contido


by Dr. Radut