Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

MATERIAL 5º E 6º DE PRIMARIA

Letras Galegas 2023: Francisco Fernández del Riego

Que gran día gozamos no cole!

Francisco Fernández del Riego relatou nos seus textos a beleza das nosas tradicións. Por iso, este ano quixemos probalo nos mesmos coa axuda duns invitados moi especiais. 

Moitas grazas a Rai, Ester, Sara, Lara, Alberto, Dori e Ramón por mostrarnos o talento e o esforzo que leva o traballo artesanal.

Mirade!

 

 

Programa de despedida en Radio Tui

Que mágoa que xa remata a tempada radiofónica!

Só queda despedirnos ata o ano que ven! Grazas a tod@s os que participáchedes! Escoitade con atención!

FONDO LIBROS TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL PARA O CURSO 2023-2024

Aberto o prazo dende o 20 de maio ata o 21 de xuño de 2023 (incluído)

 

DOCUMENTACIÓN:

-Anexo I e II debidamente cubertos e asinados

-Copia do libro de familia ou equivalente onde figuren  todos os membros computables.

-En caso de separación ou divorcio sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

Poden  remitir a solicitude cuberta a través dos seus fillos/as, ou cubrila a través da Sede electrónica.

Para máis información pinche no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

LISTAXE DEFINITIVA ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2023-2024

Todas as solicitudes de admisión presentadas no Ceip Randufe foron admitidas.

As listaxes definitivas poden consultarse no taboleiro do centro, a traves da chave 365 ou na páxina: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/.

O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño de 2023

PLAN DIXITAL

CORRELINGUA 2023

Un ano máis, o CEIP Randufe participou no Correlingua. Esta camiñada representa unha defensa do uso do galego, especialmente, en idades temperás. 

@s estudantes de 4º e 6º de Primaria pasearon pola vila de Ponteareas e asistiron un concerto musical da banda Mekánika Rolling Band que nos fixo bailar a tod@s.

Pasámolo pipa!

                     NA CASA OU NA ESCOLA, SACA A LINGUA FÓRA.

 

 

BOTA A LINGUA FÓRA de Laura Aldea

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2023/2024

Informamos que están publicadas as listaxes provisionais de admitidos/as no taboleiro do colexio e que tamén se poden consultar dixitalmente na aplicación Admisiónalumnado utilizando a Chave 365 ou Certificado Dixital.

Todas as solicitudes presentadas, foron admitidas e terán praza para o vindeiro curso. 

Poderá formular reclamación ante o consello escolar no prazo de 5 días hábiles.

As listaxes definitivas publicaranse antes do 15 de maio.

Radio escolar: Elmer

Estimados radiooíntes de Radio Tui e toda a Comunidade Educativa do CEIP Randufe:

Non perdades detalle da recomendación lectora dos estudantes de 2º de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil.

                                    Canto talento neste cole! 

Revista Andoriña- A xanela de Rosalía

        Extra .... extra!

Nova publicación da revista escolar Andoriña que recolle todos os traballos do noso alumnado na celebración do día de Rosalía. É unha visión ecoloxista da poesía Rosaliana onde se compara a paisaxe que describe Rosalía de Castro e unha paisaxe que sufriu as consecuencias dos humanos: a contaminación!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut