Skip to Content

Chans do Carrasco, s/n - RANDUFE - 36713 -Tui (Pontevedra)           Teléfonos de contacto: 886 110 808886 110 809              Correo electrónico: ceip.randufe@edu.xunta.gal

  

 

 

 

            
      

                                                                                                   

DÍA DA MULLER

O día  8 de marzo  reunímonos para  celebrar o Día Internacional da Muller.

Os voluntari@s de 6º de EP foron os encargados de guiar o acto e a canción de "Tataravoa" de Fillas de Casandra foi a elixida para conmemorar este día:

 Este día  non é só unha ocasión para lembrar os logros históricos das mulleres na loita pola igualdade de xénero, senón tamén aproveitamos para reflexionar sobre os desafíos que aínda enfrontan as nenas e as mulleres en todo o mundo.

Así, este ano as nosas conclusións quedaron plasmadas nestasbolboretas:


Finalmente compartir con todos e todas este DECÁLOGO realizado polos alumnos e alumnas de 3º de E.P:

 

Día de Rosalía: a cor da emoción

Un ano máis, no CEIP Randufe nos achegamos a poesía de Rosalía dende a emoción que reflicten os seus versos. Ninguén mellor que o noso alumnado para presentar os sentimentos das súas verbas.

 

DÍA DE ROSALÍA

            Aquí temos ao noso alumnado desfrutando da obra de Rosalía de Castro no seu día e achegándose á poesía.

 

       

Canción do m es de marzo: 8 marzo, Día da muller traballadora

Un novo mes xa chegou e, polo tanto, unha nova canción para cantar, bailar e gozar.

Neste mes de marzo celebramos o día da muller traballadora así que, como non podía ser menos, a nosa canción é unha homenaxe a todas as mulleres que son "brillantes activistas da vida cotiá". 

Escoitade con atención!

 

POSTOS ESCOLARES VACANTES CURSO 2024-2025

 

 

 

 4º Ed. Infantil      17+3 NEAE
 5º Ed. Infantil      9
 6º Ed. Infantil      11
1º  Ed. Primaria    2
2º  Ed. Primaria    2
3º  Ed. Primaria    4
4º  Ed. Primaria    10
5º  Ed. Primaria    5
6º  Ed. Primaria    9

 

 

PROCEDEMENTO ADMISIÓN

SOLICITUDE ADMISIÓN

Aberto prazo do 1 ao 20 de marzo

 

Toda a información do procedemento no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

Documentación a aportar:

- Anexo II ED550B (prema para descargar)

- Fotocopia do DNI ou libro de familia do alumno/a.

- Fotocopia DNI dos proxenitores.

- Certificado de matrícula se ven doutro colexio.

 

CALENDARIO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-2025

  • Reserva de praza para alumnado procedente de centros adscritos (CRA Mestra Clara Torres para 1º EP) no ANEXO I e I-bis (ED550A) do 15 de xaneiro ao 05 de febreiro.

 

  •   Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo de 2024.

 

  •   Solicitude admisión do 1 ao 20 de marzo de 2024 (alumnado que  se  escolariza por primeira vez ou traslados de centro) no ANEXO II e II-bis (ED550B).

 

  •   Documentación para baremo, de ser necesario: 21 marzo ao 05 abril de 2024.

 

  •  Publicación de listaxes provisionais: antes do 25 de abril de 2024.

 

  • Reclamacións listaxes: 5 días hábiles trala publicación, ante o Consello Escolar.

 

  •  Publicación de listaxes definitivas: antes do 15 de maio de 2024. Poderanse impugnar segundo o Artigo  36 da Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG 08-11-22).

 

  • Formalización Matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2024.

 

  • As solicitudes presentadas entre o 21 de marzo e o 31 de agosto, serán consideradas “fóra de prazo” e serán resoltas antes do inicio das clases en setembro.

 

  • Admisión extraordinaria, a partir de setembro (ED550C).

 

LISTAXE ADMITIDOS 2024/2025

Tódalas solicitudes de praza para 1º de Educación Primaria, foron admitidas. As listaxes poden consultarse no taboleiro de anuncios do colexio.

Deberán formalizar a matrícula entre o 20 e 30 de xuño.

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

        Xa temos aquí as últimas adquisicións da biblioteca. Esperamos que sexan do voso agrado e que desfrutedes con elas.

 

Canción do mes de febreiro: Estou na lavadora!

Benquerid@s!

Este mes de febreiro queremos darlle un pouco de ritmo ao noso corpo. Tedes ganiñas de Rock and roll?

Pois a mover o esquelete co Caimán do río Tea e a súa canción "Estou na lavadora".

                               E nos vos mareades con tanta marcha!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut