Aquí tedes un vídeo-resumo sobre as diferentes actividades do Entroido 2023. Desfrutádeo!
Aquí tedes un vídeo-resumo sobre as diferentes actividades do Entroido 2023. Desfrutádeo!
O mércores 1 de febreiro, a Fundación Breogán e a UNED, presentaron o proxecto "Ningún aro sen rede". Aquí tedes un pequeno resumo.
O martes 24 de xaneiro, o alemán Justus Hollatz e o serbio Nemanja Nenadic, xogadores do Clube baloncesto Breogán de Lugo, acudiron ao noso centro.
Para comezar, presentarónse en perfecto castelán. Logo, respostaron a todas as cuestións realizadas en inglés polo alumnado: deportes favoritos, tipo de alimentación, número de pé, equipos favoritos da NBA...
Para rematar, fixemos unha foto de familia e asinaron moitos autógrafos.
O venres 13 de xaneiro levouse a cabo a entrega de premios aos gañadores da I Liga de Indiaka. Aquí tedes as imaxes!
Equipo gañador do 1º Ciclo: As estrelas
Equipo gañador do 2º Ciclo: Ratas de Alcantarilla
Aquí tedes unha pequena mostra das actividades levadas a cabo nas dúas saídas ao Museo do Castro de Viladonga.
Aquí tedes un vídeo resumo sobre as diversas actividades na área de Educación Física para conmemorar o día da discapacidade (3 decembro).
No centro, levamos unha prenda de roupa ao revés para visibilizar ese día.
O luns 21 de novembro de 2022, o alumnado de 3º a 6º de Primaria, desfrutou das instalacións do rocódromo da cidade de Lugo. Alí puxeron a proba as súas capacidades físicas mediante a escalada. Aquí tedes un pequeno resumo.
Comeza o mes de novembro e con el a primeira liga de Indiaka nos períodos de ocio.
Para comezar, cada equipo elaborou os seus escudos representativos e o seu nome para colgalos no mural onde cada semana aparecerán os distintos enfrontamentos.
Despois de todos os preparativos, comezaron os enfrontamentos entre os distintos equipos.
Aquí tedes un breve resumo da celebración do Magosto 2022 no CEIP Ramón Falcón.
Durante o curso escolar 2022/2023, e dentro do Plan Proxecta +, levamos a cabo os coñecidos coma "Patios dinámicos".
Caixa de materiais para cada curso de Educación Primaria.
Xogos no pavillón deportivo.