Proxecta +: Centros activos e saudables

Día mundial do Medio Ambiente 2023

Vídeo-resumo das actividades realizadas para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente. Tamén, nas vindeiras semnas realizaremos unha camiñata por un sendeiro.

 

II Liga de Cachibol

Rematou a II Liga de Cachibol, que se levou a cabo durante o terceiro trimestre. Os equipos enfrontáronse entre eles mostrando moi boas habilidades.

CAMPIONS:

1º CICLO: As estrelas

2º CICLO: Os fantasmas

3 CICLO: Os murciélagos

Día das Letras Galegas 2023

Vídeo-resumo das actividades realizadas polo alumnado para a celebración do día das Letras Galegas. 

 

Recomendacións sobre a actividade física e sedentarismo

Aquí tedes unha serie de recomendacións sobre a actividade física e o sedentarismo en cada franxa de idade. Estas recomendacións están expostas no hall do centro para que tod@s poidamos botarlles unha ollada!

Día da Educación Física na rúa 2023

Aquí tedes un resumo sobre as actividades realizadas na Carballeira de Castro de Rei polo alumnado de Educación Infantil e Primaria coa finalidade de celebrar o día da Educación Física na rúa.

 

Liga raquetas 2023

Aquí tedes o resumo da II Liga de raquetas celebrada durante o 2º trimestre para os cursos de Educación Primaria do CEIP Ramón Falcón.

Visita do clube Penta Lugo (Pentatlón Moderno)

O mércores 19 de abril de 2023, o clube Penta Lugo, visitou as instalacións do noso centro. Aquí podes ver un pequeno resumo de como foi a experiencia para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.

 

Healthy Habits: consellos do alumnado de 5º e 6º de Primaria en Inglés.

O vídeo de Healthy Habits é o resumo do traballo realizado interdisciplinarmente entre as áreas de Lingua Extranxeira e Educación Física có alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria sobre os diferentes hábitos saudables.

 

Visita do Clube Deportivo Lugo

A finais do mes de marzo, o xogador do Clube Deportivo Lugo, Marc Carbó, e o director das categorías inferiores do clube, Diego Rodríguez, visitaron o noso centro para contarnos  a súa experiencia no fútbol profesional e invitáronnos a asistir ao encontro do CD Lugo vs SD Ponferradina.

Visita de dúas xogadoras do Durán Maquinaria Ensino

O mércores 16 de marzo de 2023, visitáronnos dúas xogadoras do Durán Maquinaria Ensino para charlar e contar as súas experiencias no mundo do baloncesto. Moitas grazas a María, Alba, Rebeca e Jose, o mestre de Audición e Linguaxe, por a perfecta organización.