Proxecta +: Centros activos e saudables

Entroido 2024

Vídeo resumo da celebración do Entroido 2024.

 

Road to París: Etapa 4 (Santander - San Sebastián)

Aquí tedes o vídeo resumo desta 4ª etapa do Road to París. Esperemos que vos guste!

 

Road to París: Etapa 3 (Gijón - Santander)

Resumo das diferentes actividades levadas a cabo na 3º etapa do noso Road to París.

 

3 de decembro: día internacional da discapacidade

Resumo das actividades levadas a cabo no centro para conmemorar este día.

 

Road to París: Etapa 2. Ribadeo - Gijón

Resumo da 2ª etapa do Road to París, entre Ribadeo e Gijón, e o baloncesto como elemento deportivo.

 

Road to París. Etapa 1: Castro de Rei - Ribadeo

Aquí tedes o resumo da Etapa 1 do noso particular Road to París!

 

Presentación "Road to París". Plan Proxecta + 2023/2024

Durante o presente curso escolar, o alumnado de Educación Primaria levará a cabo o "Road to París" (Plan Proxecta+). Unha serie de retos mensuais que deberán superar mediante o traballo colaborativo en grupos formados por alumnxs de diversos cursos, tendo como fío condutor a celebración dos Xogos Olímpicos en París no 2024. Aquí tedes a presentación da actvidade!

 

Máis que Básket no rural (Fundación Breogán)

Vídeo resumo sobre todas as actividades propostas pola Fundación Breogán no seu programa "Máis que Básket no rural". Moitas grazas por achegarnos o básket a Castro de Rei.

 

Máis que basket no rural

A partires do luns 9 de outubro, a fundación Breogán organiza, nos dous centros educativos de Castro de Rei (Veleiro Docampo e Ramón Falcón), a actividade Máis que basket no rural. Moitas grazas por traernos esta marabillosa iniciativa!

 

Ruta do Miradoiro da Terra Chá e Área Recreativa de Penas de Rodas

Aquí tedes un resumo sobre a ruta realizada por todo o alumnado do colexio polo Miradoiro da Terra Chá e a estancia na Área Recreativa de Penas de Rodas.