Sesión de maxia na Biblioteca do Concello e concerto didáctico no colexio

O día 20 de xuño, o alumnado de Primaria visitou a Biblioteca do Concello para asistir a unha sesión de maxia, a cargo do mago Pedro Bugarín. Pasárono xenial!

Thanks Christina

Aquí tedes a pequena homenaxe da mestra Luz a súa compañeira Christina, a auxiliar de conversa do presente curso, que rematou a súa etapa no colexio a finais do mes de maio.

Concerto didáctico na biblioteca do Concello e masterclass de pesca no río Azúmara

O luns 30 de maio, todos os cursos do colexio, visitaron a biblioteca do Concello de Castro de Rei para asistir a un concerto didáctico impartido por Xoán Curiel, onde foron protagonistas o ukelele, a guitarra e varios instrumentos non tan convencionais para contar a historia da súa vida coa música.

Letras Galegas 2022

O CEIP Ramón Falcón celebrou o día das Letras Galegas 2022 con dúas actividades para todos os cursos.

1º: Realización por cursos dunha busca do tesouro a través dos carteis sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, espallados por todo o centro.

 

Camiñata polo río Azúmara

Aquí tedes unha mostra da camiñata realizada polo alumnado de Educación Primaria polo sendeiro PR-G 154 (Ruta do río Azúmara).

Greetings from California

Vídeo elaborado pola mestra Luz e a axiliar de conversa Christina, sobre as cousas boas de California.

Granxa ecolóxica. Superreto do proxecto Digicraft

Aquí tedes o vídeo resumo da nosa granxa ecolóxica! 

Día da Educación Física na rúa (27/04/2022)

O mércores 27 de abril, o CEIP Ramón Falcón celebrou o día da educación física na rúa, cunha actividade diante do concello e da carballeira da vila.

A actividade  dende 3º a 6º de Primaria, consistiu nun traballo masivo sobre as capacidades físicas básicas durante 45 minutos aproximadamente, cun quecemento previo e unha volta á calma. 

O alumnado do CEIP Ramón Falcón na busca dos coellos de chocolate

O venres 8 de abril, o alumnado do centro realizou unha busca por todas as dependencias do colexio para atopar os coellos de chocolate. Aquí tedes un pequeno resumo.

Os Pokémons na busca do coello de chocolate

Aquí podedes desfrutar deste breakout sobre a busca do coello de chocolate. Esperemos que vos guste!