COMUNICÁMOSVOS que o xoves 21 de decembro, o primeiro trimestre chega ao seu fin. Temos programada a celebración do Nadal Solidario no noso centro cunha variedade de obradoiros coa tématica do Nadal. As familias estades convidadas á entrega dos lotes de alimentos á Cruz Vermella que terá lugar ás 12:30 horas. Poderedes acceder o pavillón polo portalón de fóra. O xoves 21 de decembro o horario será de xornada reducida. A Saída para o alumnado sen comedor será ás 13:15 horas. A saída do alumnado usuario de comedor será ás 14:45 horas. AS CLASES RETOMARANSE O LUNS 8 DE XANEIRO NO SEU HORARIO HABITUAL. Recibide un cordial saúdo e Felices Festas. Alumnos de 4º de infantil con papa noel na biblioteca do centro.
|
|||
Desde o colexio, como se ven facendo desde hai anos, queremos novamente promover un acto solidario de recollida de alimentos non perecedeiros. Este ano a recollida destinarase novamente á Cruz Vermella de Boiro. Por todo isto imos traballar coas vosas fillas/os a alimentación e a solidariedade, entre os días 19 e 20, e o día 21 imos preparar lotes de alimentos para entregarlle á Cruz Vermella para que así esta organización os reparta entre os máis necesitados.
Se vostedes poden colaborar coa aportación dalgún ou dalgúns alimentos dos que aparecen a continuación, lles agradeceríamos que o fixeran a partir do luns 11 de decembro:
Alimentos fundamentais:
Leite, aceite, galletas, salchichas, latas de conservas, arroz, tomate frito, iogures (que non necesiten frío)
Outros alimentos:
Botes de froita en almíbar, garbanzos, fabas, cereais, cacao, pan tostado, pasta, lentellas, sopa de sobre, botes de comida precociñada, botes de conserva vexetais, sal, azucar.
Aproveitamos a ocasión para convidalos á entrega dos lotes que se preparen, o día 21 a partires das 12:30 no pavillón do colexio (abrirase a porta do aparcamento da praia)
|
|||
Os alumnos do obradoiro de emprego volveron visitar o colexio para seguir ensinando os nenos a facer uns almorzos moi saudables, nesta ocasión tivemos tamén a visita do alcalde do Concello de Boiro Juan José Dieste e a concelleira de ensino Maria José Lorenzo
|
|||
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- seguinte ›
- última »