Día Mundial da Diversidade Biolóxica

Dende as ANPAs dos CEIPs e IES de Boiro, con apoio dos centros educativos, e en conxunto coas ANPAs de Barbanza, fixemos un chamamento o día 22 de maio, cun parón de 1 minuto para reivindicar e visualizar a indignación e o malestar xerado a raíz dos devastadores incendios que causaron innumerables perdas, e puxeron en risco a vida da veciñanza do rural, o pasado 30 de marzo nos concellos de Rianxo e Dodro.

 

Coincidindo o 22 de maio co Día Mundial da Diversidade Biolóxica, como reivindicación contra os lumes e da promoción e a concienciación global coa diversidade do planeta.

Romaría xoves 16 de maio

Estimadas familias:
 
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o  vindeiro xoves 16 de maio organizaremos xunto cos nenos, a tradicional Romaría das Letras, que este ano chega á súa 18ª edición. Estades todas e todos convidadas e convidados a disfrutar deste día tan especial con nos, a partir das 11:30 as familias poderán acceder ao recinto escolar.
 
 Como ven sendo habitual, o horario será de xornada reducida. A saída para o alumnado sen comedor será ás 13:15 horas.

Listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido para o curso 2019/2020

Recordamos que poderán presentar reclamacións desde o día 9 ao 23 de abril (só nos días lectivos).

 

A listaxe definitiva sairá publicada o día 13 de maio.

 

(Para ver o documento, premer no enlace)

Comedor e/ou transporte escolar (Curso 2019/2020)

Comunícase que se abre o prazo para renovar ou solicitar comedor e/ou transporte escolar para o vindeiro curso. Adxúntase toda a información no enlace.

Días "non lectivos" do mes de marzo

Estimadas familias, 

con esta nota queremos informar que a vindeira semana serán días non lectivos:

   - Luns 18 de marzo: día non lectivo, escollido pola maioría dos centros educativos de Boiro.

   - Martes 19 de marzo: festividade de San Xosé.

As clases reanudaranse de maneira habitual o mércores 20 de marzo.

 

Un cordial saúdo,

A directora do CEIP Praia Xardín.

(Mónica Martínez Louzao)

Distribuir contido