CONTACTO COS MESTRES/AS

OS MESTRES/AS XA SE ESTÁN POÑENDO EN CONTACTO COAS FAMILIAS A TRAVÉS DOS CORREOS ELECTRÓNICOS E ABALAR.

OS MAILS QUE ESTÁN Á VOSA DISPOSICIÓN PARA PODER CONTACTAR COS MESTRES/AS SON OS SEGUINTES: 

infantilpxb@gmail.com

primeiropxb1@gmail.com

segundopxb@gmail.com

terceiropxb@gmail.com

cuartopxb@gmail.com

quintopxb@gmail.com

sextopxb@gmail.com

 

 

SUSPÉNDENSE TODAS AS ACTIVIDADES LECTIVAS NOS CENTROS EDUCATIVOS A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO

Estimadas familias:

Tal e como comunica o Presidente da Xunta de Galicia en rolda de prensa, SUPÉNDENSE TODAS AS ACTIVIDADES LECTIVAS NOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA E PERMANECERÁN PECHADOS AO PÚBLICO A PARTIRES DO LUNS 16.

É recomendable que mañá venres 13 de marzo xa non se envíen nenos/as ao centro.

A poboación de risco é aquela que ten máis de 25 anos e presenta patoloxías respiratorias.

A poboación sensible, vai dende os 0 ao 18 anos, o que significa que os nenos/as son perceptores e transmisores en moitas ocasións.

 

Festival Entroido 2020

Estimadas familias:

O vindeiro venres 21 de febreiro celebraremos o festival de Entroido no centro. Esta festa será para o gozo do alumnado pero as familias poderán desfrutar do desfile que comenzará ás 10:30 h., e que terá o seguinte percorrido:

Como cada ano pedimos a colaboración das familias para que o alumnado poida traer e degustar os doces tradicionais do Entroido. (Poderán traer bebidas).

Neste día a xornada será reducida:

Entrada: 9:30 h. (Agradecemos puntualidade ao alumnado de infantil).

Saída:   13:40 h. Alumnado sen comedor.

Saída:   14:40 h. Alumnado con comedor.

Recordamos que os días 24, 25 e 26 de febreiro son as vacacións de Entroido e, polo tanto, retomaremos as clases o xoves 27 de febreiro.

 

O equipo docente.

 

Percorrido do desfile de Entroido

Semana de entroido no Ceip Praia Xardín

Durante a vindeira semana do luns 17 ata o venres 21 de febreiro celebraremos o Entroido. Esta semana quen manda é Felipiño. Cada día os nenos e nenas deberán prepararse para participar e gozar do que o Felipiño ordene. E xa sabedes que este curso o tema é o CINE. Así que… a  botarlle imaxinación!

A continuación detallamos as mandas do Felipiño para cada un dos días: 

 

Luns 17 de febreiro: cada neno ou nena traerá algo na cabeza: gorra, perruca, coroa, diadema, sombreiro, casco…

 

Martes 18 de febreiro: poden traer xunto co do día anterior algo divertido: garabata, mandil, bata, pañoleta, camisa, capa…

 

Mércores 19 de febreiro:  xunto co de días anteriores, traer algo nas mans aneis, lubas,  garras...

 

Xoves 20 de febreiro: xunto co de días anteriores, vir coa cara pintada ou con antifaz.

 

Venres 21 de febreiro: festival de Entroido. Cada clase leva o disfraz que decidiron.

 

II Faladoiro espazo familias Boiro

Distribuir contido