ANDAINA SOLIDARIA

 


O Concello de Boiro, Cáritas e os centros de ensino do municipio organizan unha andaina solidaria por un tramo do camiño A Orixe ao seu paso por Boiro e que ten como obxectivo recadar alimentos para Cáritas. 

Sábado día 18 de xuño.

Punto de encontro: Estivada ás 9.30

A camiñata comezará ás 10.00 horas.

Máis información na páxina web do Concello de Boiro:

https://boiro.gal/index.php/gl/89-novas/novas-de-cultura/2580-andaina-solidaria-concello-de-boiro

 

 

ENQUISA SOCIOLINGUÍSTICA NO ÁMBITO FAMILIAR

Enquisa sociolingüistica no ámbito familiar para o alumnado de 4º de Infantil a 4º de Primaria:

Enquisa sociolingüistica no ámbito familiar

 

FONDO LIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL

O prazo para presentar solicitudes iníciase o día 19 de maio e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

Orde do 29 de abril de 2022

 O alumnado matriculado no centro poderá solicitar:

- Fondo solidario de libros de texto: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: alumnado de Educación Primaria (de 1º a 6º).

As solicitudes poderán presentarse no centro ou a través da sede electrónica.

Documentación a presentar:

ANEXO I

ANEXO II

- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

- Certificado acreditativo de grao de discapacidade se este é recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- Acreditación de violencia de xénero, de selo caso.

 

LISTADOS DEFINITIVOS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2022/2023

Os listados definitivos de alumnado admitido para o curso 2022/2023 poden ser consultados no taboleiro de anuncios do centro ou telematicamente, a través da aplicación admisionalumnado, empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Non hai modificacións con respecto aos listados provisionais.

 

Prazo de formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

ROMARÍA DAS LETRAS GALEGAS

 



Estimadas familias:

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, o vindeiro venres día 13 de maio celebraremos no noso centro a vixésima edición da tradicional Romaría das Letras. Por ese motivo, e tendo en conta que a actual situación socio-sanitariaé favorable, pretendemos convidarvos desfrutardese día con nós. Para evitar aglomeracións, rogamos tede en conta as seguintes consideracións:

As familias accederán ao recinto escolar polo portalón azul (Galiña azul) intentando non interferir no correcto desenvolvemento das actividades que se leven a cabo co alumnado.
Só poderá acudir un familiar por alumno ou alumna respectando  os seguintes horarios:
Familiar de alumnado de EI : Entrada ás  11:00. Saída ás 11:30
Familiar do alumnado de 1º e 2º: Entrada ás 11:30. Saída ás 12:00
Familiar do alumnado de 3º e 4º: Entrada ás 12:00 . Saída ás 12:30
Familiar do alumnado de 5º e 6º: Entrada ás  12:30. Saída ás 13:00
No caso de familiares que teñan nenos/nenas en diferentes cursos, deben acollerse a unha única quenda.
O alumnado nunca abandonará o centro polo portalón azul nin sequera  no caso de ir acompañado dun adulto . Se quixerades recoller ao alumnado antes de que remate a xornada escolar, debedes facelo como é costume (pola porta principal e firmando a súa saída).

O alumnado que o desexe, pode vir con vestimenta tradicional galega: traxe rexional, feirón mariñeiro, labregos/as, muiñeiro/as, etc.

 

Grazas pola vosa comprensión e colaboración.

 

A dirección,

 

Distribuir contido