COLABORADORES COMEDOR CURSO 2022-2023

 

Ábrese o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar, como colaboradores voluntarios, nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2022/2023.

Poderán solicitar praza como colaborador/a do comedor as persoas familiares do alumnado comensal, ex-colaboradores deste servizo, persoal relacionado coa comunidade educativa, así como persoal que participe en programas de voluntariado social. 

O prazo para presentar a solicitude rematará o 7 de setembro e poderá realizarse mediante os seguintes medios:

- De xeito presencial:

Do 01 ao 15 de xullo: De luns a venres de 10:00 a 13:00.

Do 16 ao 31 de xullo: Martes e xoves de 10:00 a 13:00

- A través de email: ceip.praia.xardin@edu.xunta.es

 

 

 

 

 

 

 

SOLICITUDES DE TRANSPORTE E COMEDOR PARA O CURSO 2022/2023

Dende o xoves 30 de xuño e ata o venres 15 de xullo, ámbolos dous inclusive, permanecerá aberto o prazo para solicitar praza nos servizos complementarios de transporte e de comedor.

luns 18 de xullo publicarase a listaxe provisional de admitidos en cada un dos servizos. Na listaxe, por mor da lei de protección de datos, en lugar do nome do beneficiario aparecerá un código que lle será asignado no momento da presentación da solicitude.

Dende o día da publicación provisional estableceranse 7 días hábiles para posibles reclamacións.

mércores 27 de xullo farase pública a listaxe definitiva na que figurarán os códigos correspondentes as solicitudes aceptadas.

A solicitude poderase entregar de xeito presencial no centro (de 10:00 a 13:00) ou vía correo electrónico (ceip.praia.xardin@edu.xunta.es)

 

 

Guía lectura verán

LIBROS DE TEXTO 2022/2023

 

LIBROS DE TEXTO 2022/2023

DATAS E PRAZOS PARA ENTREGA E RECOLLIDA DE DOCUMENTACIÓN

FONDO LIBROS:

- Publicación de listaxes provisionais: 27 de xuño. (no taboleiro do centro)

- Prazo de reclamacións: 28 e 29 de xuño.

- Publicación de listaxes definitivas: 30 de xuño.

- Recollida de vales: do 4 ao 15 de xullo.

 

ENTREGA HISTORIAL ACADÉMICO DO ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA: do 7 ao 15 de xullo.

SOLICITUDES DE TRANSPORTE E COMEDOR: Á espera de recibir instruccións da Consellería. Publicaremos impresos e datas de entrega na páxina web do centro.

HORARIO DE SECRETARÍA: ata o 15 de xullo de 10:00 a 13:00

                                                    do 15 ao 30 de xullo: martes e xoves de 10:00 a 13:00

Distribuir contido