SOLICITUDES DE TRANSPORTE E COMEDOR PARA O CURSO 2022/2023

Dende o xoves 30 de xuño e ata o venres 15 de xullo, ámbolos dous inclusive, permanecerá aberto o prazo para solicitar praza nos servizos complementarios de transporte e de comedor.

luns 18 de xullo publicarase a listaxe provisional de admitidos en cada un dos servizos. Na listaxe, por mor da lei de protección de datos, en lugar do nome do beneficiario aparecerá un código que lle será asignado no momento da presentación da solicitude.

Dende o día da publicación provisional estableceranse 7 días hábiles para posibles reclamacións.

mércores 27 de xullo farase pública a listaxe definitiva na que figurarán os códigos correspondentes as solicitudes aceptadas.

A solicitude poderase entregar de xeito presencial no centro (de 10:00 a 13:00) ou vía correo electrónico (ceip.praia.xardin@edu.xunta.es)

 

 

AdxuntoTamaño
Solicitude comedor transporte22_23.pdf185.6 KB
autodeclaración comedor 2022-2023.pdf167.46 KB