ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

O prazo de reserva de praza para alumnado novo (nados no ano 2019 e alumnado procedente doutros centros), permanecerá aberto entre o 1 e o 21 de marzo.

As solicitudes poderán presentarse:

- Presencialmente no centro. Poden solicitar o impreso na secretaría do colexio ou descargalo no seguinte enlace:

solicitude de admisión

- Cubrir a solicitude informaticamente e asinala na sede electrónica:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 A solicitude irá acompañada da documentación detallada no documento adxunto.

 

 

 

Entroido

Comeza o entroido. Aqui están os mandariños do Felipiño

Son acumulativos ata o xoves.

 

CANDO AS PANTALLAS EDUCAN

 

Este mes de febreiro, e ata o mes de maio, celébranse en Boiro unhas xornadas formativas para as familias e as persoas interesadas na poboación infantoxuvenil. A temática que as vertebra é o impacto da tecnoloxía na infancia e na adolescencia. O obxectivo, analizar as relacións e os riscos do ecosistema dixital no que se desenvolve a rapazada de Boiro e fortalecer as nosas ferramentas para conseguir un uso inclusivo e saúdable das Tecnoloxías da Relación, Información e Comunicación ( TRIC).
Trátase dunha iniciativa organizada por Espazo Familias Boiro a través da súa Escola de Nais e Pais (ENAPA) colectiva na que colaboran economicamente o Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) pertencente a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Boiro.
O título das xornadas: CANDO AS PANTALLAS EDUCAN

A primeira sesión terá lugar o 24 de febreiro ás 17:30h no salón de actos da Casa de Cultura «A Cachada» (sen inscrición previa 17:15h). Contamos con servizo de canguraxe gratuíto, previa inscrición web.

Máis información e reservas en 

espazofamilias.org

 

 

 

FORMACIÓN TIC PARA FAMILIAS

Curso de formación para as familias de Boiro no que se abordarán temas como o emprego do ABALAR, aulas virtuales, videoconferencias, uso de DNI electrónico, certificado electrónico, etc.

 

ACTUACIÓN NO CASO DE CONTACTO ESTREITO NO ENTORNO FAMILIAR

ACTUACIÓN NO CASO DE CONTACTO ESTREITO NO ENTORNO FAMILIAR
Distribuir contido