ESPAZO FAMILIAS: Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía

 

 

A vindeira semana darán comezo as xornadas de EspazoFamilias, organizadas polos centros educativos de Boiro, e que este ano levan por título

“Comprendendo a Adolescencia para poder exercer de Guía”

A primeira charla terá lugar o martes, 21 de novembro, en horario de 18:00 a 20:00 horas no Centro Social de Boiro.  Este taller estará a cargo de Mercedes Urbiola, pedagoga e guía Montessori, que nos guiará na tarefa de acompañar ás nosas fillas e fillos nos estudos académicos.

Contaremos, ao igual que o curso pasado, con obradoiros para a rapazada.

Máis información na web EspazoFamilias https://espazofamilias.org/

 

Animádevos a participar!