Atendidas as propostas de mellora recollidas en ediciones anteriores, este ano, a nosa intención é darlle voz ás familias e facilitar o diálogo entre os participantes. Anabel Mosquera conducirá durante tres xornadas un tempo de conversa no que poder compartir inquedanzas, dúbidas e experiecias en torno a gran tarefa que temos como pais de escoitar aos nosos fillos e fillas e facermos escoitar. Introdúcese tamén outra novidade que consideramos moi enriquecedora para a comunicación familiar, incluir á rapazada como parte fundamental destas xornadas. programando actividades paralelas, pero en torno ás mesmas temáticas, para todos os membros da unidade familiar. As sesións estarán a cargo de: Anabel Mosquera, pedagoga, formadora e experta en adiccións Nais, pais, titores e adultos a cargo de menores
Xaime Bello (Proxecto Turbina) Adolescentes a partir de 13 anos
Alba Pérez (Educadora Social) Rapaces e rapazas de 8 a 12 anos
Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte enlace: https://espazofamilias.org/reserva/ As demáis actividades non precisan de reserva. Datas: 22 marzo, 12 e 26 abril Hora: 18.00h Lugar: Centro Social de Boiro
Animámosvos a participar!!!
|
|||