INFORMACIÓN USUARIOS DE COMEDOR

HORARIO DE COMEDOR

O horario de comedor abrangue das 14:30 horas ás 15:45. O persoal que permanece no centro neste horario está adicado a tarefas de atención e coordinación do servizo, polo que o alumnado non poderá ser recollido no centro antes das 15:45 horas, salvo casos excepcionais debidamente xustificados ou por indisposición do alumno/a.

 

COMUNICACIÓN DE NON ASISTENCIA AO COMEDOR

Tal e como establecen as instruccións de comedor para o curso 2022/2023, que poden consultar no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucion_2-2022_xd.pdf

os usuarios/as de comedor teñen a obriga de comunicar ao centro a non asistencia ao mesmo. Esta comunicación realizarase exclusivamente a través do correo electrónico do centro ceip.praia.xardin@edu.xunta.es.

Así mesmo, os usuarios que durante o prazo dun mes de xeito continuado non fagan uso do citado servizo coa frecuencia solicitada, causarán automaticamente baixa no servizo, agás causas debidamente xustificadas polos usuarios/as ante a dirección do respectivo centro educativo.